Samaín, Haloween e Magosto

O día 30 de outubro celebramos unha festa para conmemorar conxuntamente o Samaín, o Halloween e o Magosto.

Pica sobre a imaxe para ver máis

 

Obradoiro Bal Trad para alumnos de 3º ciclo de primaria

 

O vindeiro luns 10 de novembro os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán desfrutar dun obradoiro de danzas europeas.

Este é un proxecto novidoso que xunta mestres e músicos de referencia no ensino de bailes europeos e do Bal trad en Galicia. Con el achégase ás escolas un mundo, o do baile social, moi popular na actualidade en moitos países do centro de Europa.

Os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán aprender e desfrutar de diversos e sinxelas danzas en grupos ou parellas na compaña ademais de músicos ao vivo que amenizarán a sesión facendo dela unha vivencia verdadeira e intensa e nos transportará ás antigas salas de baile que aínda recardaredes os "non tan pequenos".

Circulsos circasianos, scottisches, andros e moitos outros bailes que coñeceremos e practicaremos farán desta xornada un momento inesquecible.

Monitora de baile: Beatriz Díaz.

Músicos: Gema Pérez (violín), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Pedro Pascual (bouzouki).

 

 

 

Club de Lectura "Salicornia" (24/10/2014)

O pasado día 28 de outubro, os alumnos do Club de Lectura Salicornia celebraron o seu particular Congreso de bruxas, feiticeiros e alquimistas. Tiveron unha intensa sesión de cine, cea e... aquelarre.

Vede algunhas das apócemas que se atreveron a comer...

Pica na imaxe para ver a presentación

Días non lectivos

   Os días...

   31 de outubro: día do ensino.

   3 de novembro: día non lectivo local.

   ... non son lectivos nestre centro de ensino.

 

Consultar o Calendario Escolar para o curso 2014-15

Curso 2014-15

 

Pica sobre a imaxe para ter acceso á información

Ruta da auga

 

Chegou o fin de curso! E como remate, o venres 20 de xuño fixemos a preciosa Ruta da auga, en Guitiriz. Unha magnifíca camiñata con risas, baño no río, comida campestre, lectura de poemas, creación propia de haikus, e relax nos xardíns do balneario. Un día completo!

 

Máis e mellor actividade física (Plan Proxecta)

Neste curso levamos a cabo co alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria o programa educativo “Máis e Mellor Actividade Física”. Esta actividade do “Plan Proxecta” busca promover na nosa sociedade hábitos de vida activa e saudable, conectando contidos das áreas de Educación Física e de Coñecemento do Medio.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6249 (máis información sobre o programa)

No seguinte vídeo podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que traballamos co alumnado de 4º.

 

Libros de texto e material escolar. Axudas 2014

O Diario Oficial de Galicia do 30 de maio publica a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o próximo curso 2014-15.

O importe das axudas está comprendido entre 90,00 € e 180,00 €, dependendo da etapa educativa e do nivel de renda familiar, sendo 9000 € anuais por persoa o límite máximo de renda.

Destinatarios das axudas:

Pode solicitar esta axuda todo o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Prazos para presentar esta solicitude:

Educación Primaria...        do 2 de xuño ao 2 de xullo.

ESO...                               do 25 de xuño ao 28 de xullo.


Recollida de impresos, información e entrega das solicitudes:  
              
... na secretaría do Centro.
... folleto informativo

... http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

(Os impresos e a información aparecen no DOG do 30/05/2014)

... impreso de solicitude

Regueifeamos

 

No cole, o xoves 22 de maio, visitáronnos O Caruncho e Pinto d'Herbón para coñecer algo máis sobre as nosas regueifas:

Inventamos unha regueifa con estas palabras: CARBALLO e AGASALLO:

Hoxe é o meu cumpreanos,
regaláronme un carballo,
iso non me gustou nada
pois quería outro agasallo.

E agora, inventamos outra que comezase por este verso: GÚSTAME ANDAR DE FESTA:

Gústame andar de festa
cos meus amigos da alma,
e se ás veces son pesados
eu podo perder a calma.

E esta co verso final da anterior:

Eu podo perder a calma,
entón escribo poemas,
poden ser de mar ou terra
ou tamén sobre outros temas.

(David Blanco, 3º B ESO)

 
E OUTRAS:

Comín na casa da sogra,
non me deu máis que repolo,
cando veña á miña casa
fartareina de cebolo.

Paseando polo campo,
encontrei xunto ao carballo
unha fermosa muller
que me deu un agasallo.

(…)

ENCANTOUNOS REGUEIFEAR!

Distribuir contido