Skip to Content


SON ALGO MÁIS QUE PEDRAS

            Dende o CPIP Cabo da area de Laxe, e en relación ao proxecta que se traballa no centro, elaboramos uns carteis a favor de coidar e preservar o entorno  dos Penedos de Traba e Pasarela.

             Dicir que non estamos en contra da enerxía eólica, pero si da colocación de aeroxeradores preto dun espazo xeomorfolóxico único declarado pola Xunta Paisaxe Protexida e dunha zona de especial importancia para as aves como é a lagoa de Traba.

            Cremos que os Penedos e a súa contorna é un dos espazos próximos que ofrece un gran patrimonio natural e paisaxístico ( penedos, lagoa, praia, vistas...) para desfrute e proveito por parte da nosa rapazada tanto das xeracións actuais como das futuras.

 

 



Ao igual que o COVID o machismo é unha pandemia mundial, pero máis antiga. O feminismo busca de xeito incansable unha "vacina eficiente", a través da coeducación  que forma en valores igualitarios, rompendo cos valores tradicionais machistas. O que necesitamos é que a sociedade loite pacíficamente e sen descanso a igualdade real de xénero, libre de violencias machistas. 

 



Moi boas, queridos alumnos e alumnas!

Nesta andaina tan excepcional e nesta situación tan particular na que nos atopamos, non podo máis ca experimentar. Imos pois, poñer en marcha nestres próximos 15 días, que poida que se prolonguen a 30, un tipo de traballo distinto tentando gardar o formato (isto é, conservaremos o caderno e o libro de traballo empregado durante as clases). Todo queda en suspense, pero debemos seguir traballando nos nosos fogares.



Dende Donas de sí, quixemos conmemorar o Día da muller cunha marcha ata ó centro da vila. No seguinte enlace podedes ver algunhas fotografías da actividade.

 https://photos.app.goo.gl/5Naz9JxaqRoZzQye9

 



As fotos do Entroido 2020 están cargadas no seguinte enlace:

 

https://photos.app.goo.gl/CyvKYD4aDJ9uaBWZ8



Celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz traballando co libro “Sadako y las mil grullas de papel” de Eleanor Coerr.

 

Conta a historia que unha moza chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación dunha bomba atómica en Hiroshima. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel, pois unha antiga lenda xaponesa promete que aquela persoa que faga mil grúas de papel, podería pedir un desexo. Por suposto, Sadako, desexaba curarse da enfermidade que a afectaba, pero tamén quería que acabase a guerra.

 

Así pois, o alumnado de Infantil e Primaria púxose mans á obra para neste 30 de xaneiro pedir un mundo mellor no que vivir en paz e sen violencia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut