Skip to Content


O venres 13 de decembro visitounos Teresa para facer con nós diferentes actividades da coñecida filosofía da meditación Mindfulness. A nosa meta é introducir estas técnicas pouco a pouco no noso día a día da aula favorecendo así a atención e a concentración tan necesarias nun mundo de présas e distraccións.

Podedes ver as fotos dalgúns cursos na actividade no seguinte enlace: 

https://photos.app.goo.gl/adqxFcFV4BzpvWk9A

 

 

 



O noso centro formou parte dunha actividade de sensibilización a nivel autonómico para a conmemoración do 25N Día Internacional para Eliminación da Violencia de Xénero.

Elaboramos un paxaro coas siluetas das nosas mans explicando: Que farías ti para cambiar esta situación? e participamos no vídeo que podedes ver a continuación.

 

  



No día de hoxe, a nivel de centro, conmemoramos o 25N Día internacional da eliminación contra violencia de xénero coa creación dunha canción e o videoclip para a mesma.

Ademais fomos ata a praza do concello na que o alumnado de educación secundaria leu un manifesto e logo cantamos a canción todos xuntos. Podedes ver os vídeos no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/RYQwQzbQfPziMtmQ8

Esperamos que vos guste!



O alumnado de 1º e 2º de educación primaria visitou a Sede da Fundación A Coruña este xoves 21 de novembro con motivo da exposición "O noso planeta".

Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, quencemento global, contaminación, etc. 

Da man de Laura e un conto mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. 

Finalizamos a visita cun obradoiro.

Podedes ver as fotográfias da saída no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/XDMpHcqXR8YSxbUU7

 

 

 



Varios cursos de educación primaria, así como, a educación secundaria do noso centro participaron en Carballo no seu festival de teatro gañando dous premios.

Os gañadores da primeira categoría, na que se inclúen infantil e primaria, foi o grupo Os Reversibles coa obra Daniela séntese Daniel.

E os segundos clasificados na categoría de educación secundaria foi o grupo Todo ao Revés coa obra Seica choven cartos.

A continuación podedes ver o enlace á nota de prensa e ás fotografías da entrega de premios: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/laxe/2019/11/11/ninos-anadieron-lustre-fiot/0003_201911C11C29913.htm

No seguinte enlace podedes consultar máis fotos da visita a Radio Voz para a gravación:

https://photos.app.goo.gl/7Hp4n2oc4fB9Vh3f6

 

 



O Luns 11 de novembro o alumnado de 1º e 2º de educación primaria asistiu coa Asociación Ambiental Contraminate a plantación de carballos e acivros na Insoa da vila.

Pasámolo xenial e aprendemos como prantar unha árbore e os coidados que precisan.

Podedes ver as fotos no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/nBQcst5X7qEgs4Fv7

 

 



Hoxe 25 de Outubro realizamos a carreira solidaria a favor da investigación sobre a leucemia infantil, pasámolo xenial e recollemos todas estas fotos que podedes ver no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/ih1ruYFsYGQSZ7tx5

 




Aquí deixamos o enlace do blogue, donde se recollen as actividades, do Proxecta Galicons.net

 https://patricialage19.wixsite.com/website-1

Distribuir contido


by Dr. Radut