Skip to Content

Lingua e literatura castelá

Departamento de Lingua e literatura castelá

Clases marzo 2020

 

Polo tanto, e tal como se dunha carta se tratase, vouvos ir escribindo e ofrecendo proximamente indicacións. Podedes escribirme por mail as vosas dúbidas, máis, non temades, xa que nesta materia, vai ser todo bastante teórico. Polo de pronto, tiñades para o venres 13 que ter feito os exercicios 13,14 e 15 da páxina 97 e o 16,17,18,19,20 e 21 da 98. Mentres seguimos neste modo ensaio e nos imos centrando neste tipo de traballo que nos resulta tan novidoso, podedes ir facendo en momentos libres o 2 da 99 e o 1 da 100.

 

A corrección? Colgarei para inicios da semana que vén as correccións destes exercicios. Por favor, non fagades trampa, non copiedes os exercicios corrixidos. Iso non só non serviría de nada, senón que cando revise os cadernos, vouno notar.

 

Metodoloxía: Polo tanto, a nosa maneira de traballar vai ser, en principio, unha semana de tarefas (esta) e outra de corrección.

 

E recordade, se tedes dúbidas, escribídesme ao mail, que se vos facilitou na páxina de inicio do CPI Cabo de Area.

 

Por certo, cónstame que non todos tedes correo electrónico. É o momento de ilo creando para ocasións coma estas nas que poidades ter que enviarme redaccións.

 

Mándovos un cordial saúdo a todos e a todas. Ánimo, que desta habemos saír máis fortes e con máis ganas de acudir á escola. Bótasevos de menos.

 

Os maiores axudan aos cativos a escribir as súas cartas aos Reis Magos

En decembro o alumnado de 4ºESO visitou ao de infantil para axudarlle a escribir as súas cartas aos reis Magos de Oriente. Foi toda unha xornada de convivencia e intercambio de experiencias entre estas dúas xeracións. A actividade forma parte do proxecto Galicons (no cal participa o noso centro dende diversos departamentos; entre eles, o de Lingua Castelá e Literatura).

 

 

 

En 4º ESO estamos lendo "Frankenstein" de Mary Shelley para celebrar o 200 aniversario da obra

Para celebrar o 200 aniversario de "Frankenstein" de Mary Shelley, publicada en 1818, estámola lendo en 4ºESO.

En 2º ESO estamos lendo "Cuentos de la selva" de Horacio Quiroga para celebrar o centenario da obra

Para celebrar os cen anos de vida de "Cuentos de la selva", publicado por Horacio Quiroga en 1918, en 2º ESO, estamos lendo aquela escolma de relatos, inzados de aventuras na selva.

Resumo Programación Didáctica (1º-4ºESO) Lingua castelá e literatura (curso 2018-2019)

Aquí colgamos un resumo da Programación Didáctica deste curso 2018-2019 para Lingua castelá e literatura nos catro cursos da ESO, coas lecturas incluídas en cada un deles.

O Camiño dos faros

Este é o resultado do traballo sobre os faros da Costa da Morte feito por 1°A para o Proxecta de paisaxe e sustentabilidade. Dentro do traballo plurilingüe sobre o Camiño dos faros, en Lingua Castelá realizaron paneis informativos sobre cada un deles.

Opina sobre a materia de Lingua castelá e literatura!

Clica no seguinte enlace para acceder á enquisa sobre a materia de Lingua castelá e literatura: https://docs.google.com/forms/d/1fQGAUxM7NB-ZzvTgjHdLk0wvaxrhtuRSnJp1A0A-3Kk/edit

Lecturas 2º trimestre (LCL)

Neste outro enlace podedes acceder ás lecturas do segundo trimestre. Preme AQUÍ.

Lecturas 1º trimestre (LCL)

Estas son as lecturas do primeiro trimestre na nosa materia nos distintos cursos. Preme AQUÍ para acceder a elas.

Distribuir contido


by Dr. Radut