Skip to Content

Lingua e literatura castelá

Departamento de Lingua e literatura castelá

Solucionario semana pasada e felices vacacións!

Isto rematou, miña rapazada!

Só vos queda disfrutar do verán e axudar algo na casa.

Espero que teñades sorte en Laxe nos vindeiros cursos e que poidamos comezar da forma máis normal posible en setembro.

Adxunto o solucionario da semana pasada por se vos interesa botarlle unha ollada.

Felices vacacións e unha aperta,

Lorena Andrade

Tarefas semana do 15 ao 21 de xuño e solucionario

Moi ben.

Chegou a última semana de tarefas do curso. E como tal, é algo especial nas indicacións. Por favor, lede ben:

Esta última semana de curso levades un adxunto cos exercicios detallados.

a) Reforzamos os elementos da comunicación e a orde das palabras cos exercicios 1 e 2.

b) Traballamos a puntuación e a clasificación de palabras cos exercicios 3 e 4.

c) Ampliamos ortografía e os conceptos de narración e descrición nos exercicios 5, 6 e 7.

d) Espero os vosos traballos.

Tarefas semana do 8 ao 14 de xuño e solucionario

Boas:

Coma sempre, esta semana imos seguir co libro, na páxina 175.

Os exercicios esenciais son o 10 e o 11.

Para reforzar a coma, propóñovos o exercicio 6 e 7.

Se decidides ampliar os vosos coñecementos, podedes facer o exercicio 12 e copiar a teoría do punto 3. El punto y coma no voso caderno.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior.

Un afectuosos saúdo,

Lorena Andrade

Tarefas semana do 1 ao 7 de xuño e solucionario

Moi boas:

Esta semana imos ver a coma. Para iso, tedes que dirixirvos á páxina 174 do libro.

Os exercicios esenciais son o 1, o 3 e o 4.

A maiores, de reforzo, copiades a teoría.

Ampliación: facer o exercicio 5.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior.

Tarefas semana do 25 ao 31 de maio, solucionario e enquisa educativa

Boas!

Esta semana imos ver o punto. Para iso, tedes que dirixirvos á páxina 173 do libro.

Os exercicios esenciais son copiar o cadro amarelo, facer o 2 e o 3.

Reforzo: ademais dos exercicios anteriores, copiar a parte de teoría.

Ampliación: facer o exercicio 1 e o 4.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar e/ou corrixir.

Levades adxunto o solucionario da semana anterior e unha enquisa educativa.

Tarefas semana do 18 ao 24 de maio

Moi boas, rapazada!

Esta semana imos ver o til nos hiatos da páxina 172. Os exercicios a facer son o 1, 2, 6 e 7.

De reforzo, copiar a teoría. E de ampliación, o 8 e o 9.

Unha vez feitos, enviádesme fotos por mail para podervos guiar. Teredes igualmente un solucionario, coma sempre.

 

 

Tarefas semana do 11 ao 17 de maio e solucionario

Moi boas.

Dado que a semana pasada tivestes que facer os exercicios da páxina 171 relativos á acentuación dos ditongos e tritongos, un concepto de lenta asimilación, propóñovos que me enviedes unha imaxe das tarefas corrixidas aquelas persoas ás que non llelo corrixín xa por mail.
O motivo polo que non vos mando máis tarefas esta semana é para non sobrecargarvos e quero que asimiledes ben este concepto para poder seguir coa acentuación dos hiatos a vindeira semana.
Por favor, non dubidedes en preguntarme calquera cousa se o precisades.
Deixo o solucionario colgado na parte baixa da páxina.
A maiores, propoño unha tarefa de repaso de conceptos para quen tiña reforzo ou algunha das avaliacións suspensas-> copiar a teoría da páxina 170 do caderno. E como exercicios de ampliación voluntario, propóñovos o 5 e 6 da páxina 171.

Tarefas semana do 4 ao 10 maio e solucionario

Moi boas, rapazada!

A continuación envíovos as tarefas para a semana do 4 ao 10 de maio:

a) Igual que as anteriores semanas, debedes autocorrixirvos co solucionario que vos deixo aquí abaixo adxunto.

b) Nun segundo tempo, tedes que facer os exercicios de repaso da acentuación da páxina 171: 3, 4, 7, 10, 12, 13, 14 e 15.

Desta vez, é recomendable que me enviedes fotos do voso traballo. E, aínda que hei colgar un solucionario o luns 11 de maio, se alguén ten dúbidas xerais ou dun exercicio en concreto, pode mandarmas. Que colgue un solucionario, non quita que vos recorde que estou dispoñible para calquera dúbida ou consulta no meu correo electrónico: lorena.andrade.lorenzo@edu.xunta.gal

Por outra banda, indicar que, despois das últimas normativas sacadas da Consellería, teremos en conta o voso traballo feito a partires desta semana. Nunca vos poderemos reducir a media entre as dúas avaliacións, pero debedes ser conscientes que un bo traballo pode chegar a subir. Ata o de agora non vos puiden garantir ese dato, pero agora si.

Así que ánimo cos exercicios e espero as vosas fotos.

Un saudiño,

Lorena

Distribuir contido


by Dr. Radut