Skip to Content

Lexislación e Normativa

As ensinanzas do conservatorio profesional de música están reguladas por distintas normas estatais e autonómicas. As principais son estas:

DE ÁMBITO ESTATAL:

• Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación.

• Real Decreto 1577/2006, do 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DE ÁMBITO AUTONÓMICO

• Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música.

• Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.

• Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• Circular 21/2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas elementais de música e danza dispostas nos Decretos 196/2007, do 20 de setembro, e 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de grao elemental de danza e de música, respectivamente.

• Circular 4/2008 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se regulan as probas de acceso ao grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música.

• Orde do 28 de xullo de 2008, pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música dispostas no Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.

• Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música dispostas no Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.

• Orde do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza.

• Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se determinan as materias optativas das ensinanzas profesionais de música establecidas polo Decreto 203/2007, do 27 de setembro.



page | by Dr. Radut