Skip to Content

Información Plans de Estudo Grao Profesional

As ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade propiciar ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, ademais de preparar aos estudantes para o acceso aos estudos de grao superior.

O grao profesional ten unha duración total de seis cursos e a súa superación dará dereito á obtención do Título Profesional de Música na especialidade correspondente.

O plan de estudo do grao profesional depende da especialidade que se curse; existen materias comúns a todas as especialidades e outras específicas das mesmas.

O alumnado pasará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación negativa, como máximo, en dúas materias. O alumnado que non obtivera avaliación positiva nunha ou en varias materias poderá presentarse á proba extraordinaria que os centros organizarán durante o mes de xuño. Logo da celebración das probas extraordinarias a cualificación negativa en tres ou máis materias dun curso ou de varios impedirá a promoción ao curso seguinte.

límite de permanencia nas ensinanzas profesionais de música será de oito anos. O alumnado non poderá permanecer máis de dous anos no mesmo curso, bardante no sexto curso.

No Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa temos implantado os plans de estudo seguintes:

Especialidades orquestrais: clarinete, frauta traveseira, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, violín e violonchelo.

Especialidade de guitarra

Especialidade de piano

Especialidade de gaita

AnexoTamaño
Distribución carga horaria especialidades orquestrais.pdf134.95 KB
Distribución carga horaria especialidade guitarra.pdf140.38 KB
Distribución carga horaria especialidade piano.pdf139.64 KB
Distribución carga horaria especialidade gaita.pdf132.53 KB


page | by Dr. Radut