Skip to Content

Igualdade

Equipo de igualdade do conservatorio

Gañadoras do concurso de fotos do 8M

Xa temos foto gañadora do noso photocall do 8M.

As premiadas recibirán un vale donado pola ANPA O Eume para mercar material e partituras en Preludio Musical.

Según o xurado formado pola directiva da ANPA o Eume:

«Por unanimidade, [...] decidimos que a foto gañadora sexa a que anexamos, pola súa orixinalidade ao representar a M, das MULLERES e a do mes que o celebramos.»

foto gañadora

Primeiras fotos do photocall do 8M do conservatorio

Xa temos aquí as primeiras fotos do noso Photocall do 8M.

collage1

Animádemvos a participar e facervos unha foto.

 

Enquisa sobre a percepción da igualdade de xénero no Conservatorio.

 

Vai xa uns anos fíxose unha enquisa entre a comunidade escolar sobre a percepción da igualdade de xénero e o seguinte vídeo fai un resumo dos resultados máis destacados.

 

25N

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a Muller, o Departamento de Igualdade ven de preparar un vídeo en apoio á campaña que se leva a cabo desde o noso Concello e no que participaron o noso alumnado. Esperamos que vos guste!

E por suposto, queremos poñer de manifesto o noso mais absoluto rexeitamento a esta lacra.

#NONASFAGASINVISIBLES

#AFINAAMIRADA

 

Presentación do Recuncho de igualdade

Hoxe queremos presentarvos un novo proxecto do Departamento de Igualdade: “O recuncho da igualdade”. Un pequeno apartado na nosa páxina web onde publicaremos información, videos ou artigos relevantes para que todos e todas poidades acceder fácilmente a eles.

Plan de Igualdade

Distribuir contido


by Dr. Radut