Vai xa uns anos fíxose unha enquisa entre a comunidade escolar sobre a percepción da igualdade de xénero e o seguinte vídeo fai un resumo dos resultados máis destacados.
- Contestaron á enquisa un 67,2 % de rapazas fronte ao un 32,8 % de rapaces de idades comprendidos entre os 10 e 18 anos (na actualidade a distribución da matrícula do conservatorio é dun 60,71 % de mulleres e un 39,29 % de homes).
- Resaltamos a percepción xeral do alumnado en canto ao trato igualitario que reciben dos profesores e profesoras do centro
- Case o 100 % do alumnado enquisado síntese arroupado por toda a comunidade educativa.
- Nas clases colectivas o 86% dos participantes na enquisa refire que non existen grupos sexistas, interactuando nenos e nenas xuntos indistintamente.
- Un 79,3 % pensa que a nosa disciplina é igualitaria para homes e mulleres, inda que unha porcentaxe do 10 % pensa que existen instrumentos musicais propios de mulleres e outros propios de homes.
- El 44,8 % do alumnado non coñece ningunha intérprete muller da súa especialidade
- Un 31,6 % pensa que empregamos unha linguaxe sexista en música.
- En canto aos estereotipos sociais so un 41,4 % pensa que é sinxelo expresar os seus sentimentos mediante a música e so o 72,4 % pensa que é igual de doado para os rapaces e rapazas. O 86,2 % afirma que a sensibilidade non é sinónimo de debilidade pero só o 66,1 % pensa que a mesma peza tocada por un home ou por unha muller ten o mesmo significado.