Skip to Content
         Instagram Facebook 

"Preparados para o Salto"

Alumnado de 1° curso dos ciclos de Electromecánica de vehículos automóbiles, Soldadura e caldeiraría, Carpintaría e moble, Carrozaría e Mantemento de Instalacións térmicas e de fluídos asistiron na xornada de onte á charla formativa "Preparados para o Salto" impartida por Carlota Sánchez da Fundación Galicia Obra Social de Abanca, e coordinada pola profesora Marta Vázquez Presas.
 
Nesta sesión, programada dentro do Plan Eduemprende 23-24, o alumnado puido familiarizarse coa terminoloxía financieira máis empregada nas finanzas persoais, aprendeu ferramentas para a súa planificación, e concienciouse sobre a ciberseguridade e a boa xestión dos recursos económicos persoais nunha sociedade de consumismo.
 


nova | by Dr. Radut