Skip to Content
         Instagram Facebook 

Feira das ensinanzas de Ponteareas

Como ven sendo habitual o CIFP VPA estivo presente neste evento, co afán de fomentar as ensinanzas de FP e achegar información, a alumnado da ESO e Bacharelato (e familias), que mellore as decisións que se deben tomar respecto ao futuro profesional. 

Neste aspecto o noso centro dispuxo no estand dunha mostra de equipos de formación avanzados, e de información sobre toda a oferta de ciclos, cursos de especialización, procedemento de acreditacións por experiencia profesional, cursos dirixidos a desempregados, etc. 

 

Agradecemos ao concello de Ponetareas esta invitación a participar. 

No propio centro recoñecemos o labor realizada polos departamentos profesionais para facilitar a nosa exposición no evento, e especialmente ao seguinte profesorado:

  • Jorge Vaz, Jesús Lomba, David Yañez, José Luís Casas, Alberto Fernández, Iván Riobó, Nati Fernández


nova | by Dr. Radut