Skip to Content
         Instagram Facebook 

Visita do IES Álvaro Cunqueiro

Máis de 50 alumnos e alumnas de bacharelato do IES ALVARO CUNQUEIRO de Vigo, visitaron as instalacións do CIFP VPA. 

 

Profesorado de cada familia profesional encargouse de explicar a oferta formativa existente no centro e as súas particularidades, especialmente a oferta relativa aos ciclos superiores e másters de formación profesional. 

O próximo 30 de xaneiro virán 105 alumnos e alumnas do mesmo IES que actualmente están na ESO. 

 

Colaboramos en que este alumnado mellore a información que precisan para ir tomando as mellores decisións cara ao seu futuro profesional. 

 

Grazas pola visita ao alumnado e ao profesorado acompañante.  

 

  • Estreamos así un intenso calendario de visitas doutros centros nos que o alumnado ten interese en coñecer as podibilidades formativas que ofrecemos no CIFP VPA de cara ao futuro profesional. 


nova | by Dr. Radut