Skip to Content
         Instagram Facebook 

INNOVATECH. Xornada de lanzamento

Xornada de Lanzamento de retos do Programa INNOVATECHFP na que o CIFP Valentín Paz Andrade presentou os seus equipos.

Ata a o CIFP Universidade Laboral de Culleredo desprazáronse alumnos/as de:

  • FP Básica de Mantemento de Vehículos, que formarán equipo coordinado polo seu profesor Jaime Villar.
  • C.S. Enerxías Renovables e C.S. Deseño en Fabricación Mecánica, en equipo coordinado por Carlos Lamela.
  • Curso de Especialización en Auditoría Enerxética, equipo coordinado por María Fe Prado.

Xunto a eles o director do CIFP, Alfonso Silva, e a Coordinadora de Emprendemento, Mabel Argibay.

 

Nesta xornada, 10 empresas galegas de diferentes sectores explicaron os retos sobre os que se desenvolveránproxectos innovadores que aporten solucións. Ademais, o alumnado participante neste programa recibíu dúas charlas formativas da man de Raquel Pedrouso e Miguel Ángel Llorente.

 

Así despegamos un proxecto ilusionante que fomenta sinerxías entre a FP galega e o tecido empresarial.

 

#fpgalicia
#formacionprofesional
#centroinnovacionfpeduardobarreiros
#emprendimiento
#Emprende_VPA

#cifpvalentinpazandrade



nova | by Dr. Radut