Skip to Content
         Instagram Facebook 

CGIFP. Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros: emprendemento e innovación.

A dirección do Cifp Valentín Paz Andrade xunto coas Coordinacións de Emprendemento e de Formación e Innovación, visitaron na xornada de onte (luns 25 setembro) o "Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros", onde se presentaron novas propostas de impulso para a Formación Profesional vencelladas á tecnificación,dixitalización, innovación aplicada e emprendemento.

O CGIFP, con sede en Ourense, exercerá de polo tractor, coa posta a disposición das súas instalacións e dos recursos materiais e humanos ao servizo destas iniciativas para alumnado dos diferentes ciclos formativos.

Intervencións de Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, Eugenia Pérez Directora Xeral de FP.



nova | by Dr. Radut