ACTO DE GRADUACIÓN do Título Profesional Básico en Mantemento de Vehículos
Este martes 20 de xuño de 2023 homenaxeamos á excelente promoción de alumnos que remataron este segundo curso do Ciclo básico de Mantemento de vehículos.
Na celebración desta heroica aventura formativa, estiveron acompañados polos principais profesores e profesoras destes dous produtivos cursos:
- Profesores/as do segundo curso: Jaime (titor), María, Susana e Comesaña.
- Profesores/as do primeiro curso: Teresa (titora), María, Carlos, Jaime e Iván.
Deste recoñecemento tamén foron testigos os familiares dos protagonistas, os alumnos e alumnas compañeiros/as do actual primeiro curso do ciclo, o xefe do departamento da familia profesional, outro profesorado e o equipo directivo do CIFP.
Martín e Pablo prestaron o seu impresionante talento poñendo música en directo a un acto que emocionou a todas as persoas participantes.
Grazas ao equipo docente, por facer visible a capacidade destas persoas!!















