Skip to Content
         Instagram Facebook 

PLAN CONECTA. Encontro territorial no CIFP VPA

No CIFP Valentín Paz Andrade, o 23 de maio tivo lugar o encontro territorial da zona Sur de Pontevedra, onde a Directora Xeral de FP, Mª Eugenia Pérez Fernández, presentou o Plan conecta destinado ao incremento substancial de alumnado na FP en Galicia. 

Neste encontro os centros educativos da comarca que ofertan ciclos de FP, conectaron con numerosas empresas da contorna para compartir necesidades e vías de actuacións cara a unha nova formación profesional.

Xunto co centro anfitrión, o CIFP A Granxa e o CIFP Manuel Antonio, foron os organizadores deste interesante evento. As tres persoas directoras destes CIFP, foron os/as encargados/as de moderar as tres mesas redondas onde se compartiron experiencias e visualizaron colaboracións para a mellora da oferta de profesionais cualificados segundo as necesidades dos sectores produtivos na actualidade e de cara ao futuro. 



nova | by Dr. Radut