Skip to Content
         Instagram Facebook 

Visita aos Xulgados do Social en Vigo

Na nosa sociedade hai regras de xogo!! Son as leis que establecen os nosos dereitos e deberes nos diferentes ámbitos da nosa vida, e tamén no laboral. A Xustiza encargase de resolver eses conflitos, dacordo a estas leis, cando xa non existe outra solución posible.                    

Baixo o marco do módulo de FOL, alumnado de diferentes familias profesionais do CIFP Valentín Paz Andrade, visitaron o 24 e 26 de abril a nova Cidade da Xustiza en Vigo para asistir ás vistas celebradas en materia de accidentes de traballo, despedimentos, conflitos laborais, Seguridade Social e outros temas traballados nas aulas deste módulo. 

O obxectivo deste programa Complementario á Formación, é achegar a Xustiza á xuventude para que coñeza o seu funcionamento, con especial incidencia en aspectos que puidesen afectar de xeito directo á súa vida profesional, así coma valorar os dereitos e as obrigas que se derivan dunha relación laboral.

Profesorado participante: Mabel Argibay (coordinadora), Eva Alonso, Silvia De Pablos, Isabel Castro e Elena Hermida



nova | by Dr. Radut