Skip to Content
         Instagram Facebook 

Premios de innovación na FP 2022

Volvemos a ter proxectos de innovación premiados. Son os seguintes.

 

Nesta ocasión o departamento de Enerxía e auga esta a realizar o proxecto de innovación tecnolóxica “Picohidraulica IoT para autoconsumo”, en colaboración co IES Val Miñor  e coa empresa:

 

Milsa Trillo Galicia, SA.

Este proxecto desenvolverá un prototipo do que podería ser unha instalación de xeración picohidráulica real nesa escala ou nunha similar, para estudar o aproveitamento da enerxía potencial de caudais de auga cun pequeno desnivel e sen necesidade de grandes caudais, o que permitirá que se aproveiten enerxeticamente augas residuais de industrias ou EDAR ou mesmo tubaxes de redes de abastecemento ou saneamento.

No departamento de transportes e mantemento de vehículos, foi premiado outro proxecto tecnolóxico onde se especificarán e demostrarán as potencialidades da maqueta didáctica do motor de combustión premiado xa na convocatoria pasada. Neste caso o proxecto denomínase “Monitorización dos parámetros funcionais dun motor de combustión” e está a desenvolverese colabroando coas empresas:

 

CASA GROBAS, SA

Construcciones metálicas de Galicia, SL (COMEGAL)

XICAPAM, SL

A vesatilidade e flexibilidade desta maqueta didáctica creada no centro permitirá estudar o manexo de osciloscopios en diagnose de avarías mecánicas, observar como a modificación de parámetros afecta aos valores funcionais medidos polos diferentes sensores e tamén profundizar no análise do funcionamento dunmotor de combustión.

 

Vemos unha imaxe xeral da maqueta do motor e exemplos do que sería o tornillo para o estudo do proxecto de enerxía e auga (imaxes de Sinfin energy, fabricante destes equipos).

 



nova | by Dr. Radut