Outras actividades e eventos

 

Recoñecemento ao traballo ben feito

O Ministerio de Educación promoveu un estudo sobre a situación das bibliotecas escolares en todo o país, e concertou a elaboración do mesmo coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez, unha das institucións máis prestixiosas neste eido no noso país, e recoñecida internacionalmente.

Foron elixidas dez bibliotecas de toda España, entre elas, a do noso instituto. O estudo realizouse en dúas fases: unha para a recollida de datos nas dez bibliotecas seleccionadas, e outra de análise dos datos obtidos e redacción do informe final

Para a primeira fase recibimos a visita o curso 2008-2009 de dúas representantes da Fundación G.S.R. que recolleron información a través de observación directa, entrevistas con profesores, alumnos, membros do equipo directivo, e membros do equipo da biblioteca. Foron dúas visitas de dous días de duración nos meses de novembro e marzo.

A presentación do libro que recolle as conclusións de tal estudo terá lugar este venres en Fraga (Huesca), con ocasión da entrega de premios de buenas prácticas en bibliotecas escolares do ano 2009. Para representar ó noso instituto nese acto, asistirá a nosa compañeira Belén Cerdido.

O título do citado libro é Bibliotecas escolares "entre comillas" e está á vosa disposición na biblioteca, na sección de biblioteconomía (CDU 02)

Presentación UXIO_02

21/05/2010 00:20
21/05/2010 12:30
Etc/GMT+1

Persóa e obra de UXIO NOVONEIRA
•Actividades :
* 4ºda ESO: Venres 9´20
* 3ºda ESO: Venres 11´20

Teremos unha presentación da súa biografía e da súa literatura, a disposición dos titores  se queren traballar distintos aspectos deste autor. Neste horario podedes baixar á biblioteca.

Tedes un dossier con poemas se queredes facer CALIGRAMAS.

Departamento  de Normalización lingüística e a Biblioteca.

Presentación UXIO_01

20/05/2010 10:30
20/05/2010 14:10
Etc/GMT+1

Persóa e obra de Uxío Novoneira
•Actividades : Letras galegas 2010

1º da ESO: xoves 10:30

2º da ESO: xoves 13:20

Presentación na Biblioteca da actividade deste poeta destacan o aspecto oral da súa obra e tamén a expresión plástica por medio de caligramas.

Exposición de pintura

14/05/2010 10:00
31/05/2010 20:00
Etc/GMT+1

Título: ¡A la playa, con Sorolla!

Autor: Alfredo Fuertes

Horario: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Acceso a webquest proposta para coñecer a obra e a vida deste pintor

<< Ver detalles >>