O telescopio espacial Hubble. 25º aniversario

 

O 24 de abril de 1990 foi posto en órbita o Telescopio Espacial Hubble, un proxecto conxunto da Axencia Espacial Americana (NASA) e a súa homóloga europea (ESA). O obxectivo era ter un instrumento de observación fóra da atmosfera terrestre, co fin de evitar as perturbacións causadas por esta.


Durante estes 25 anos de servizo permitíu aos astrónomos observar o universo cunha nitidez sen precedentes e transformar moitas hipóteses en evidenzas, como a presenza de planetas en torno a estrelas ou a existenza dunha enerxía escura, unha misteriosa forza que está provocando que a expansión do universo se acelere, por citar un par de exemplos.
Con motivo do recente 25º aniversario un pequeno grupo de profesores e alumnos deste centro fixemos unha escolma de imaxes obtidas polo Hubble, e queremos a túa valoración para obter unha puntuación de entre todas elas.
Aquí podes acceder á nosa preselección e votar, e se estás interesad@ no tema recomendámosche esta outra web, e pásate pola biblioteca para participar nas actividades que facemos en relación coa astronomía e outros campos da ciencia e a tecnoloxía