Exposición de pintura de Dulce Anca

 
18/03/2011 18:00
08/04/2011 20:00
Etc/GMT+1

Iníciase nas Artes da man de Ricardo Segura Torrella, co que descubre o fascinante mundo do Debuxo.

No Círculo de Belas Artes de Madrid, practica sobre todo o espido. Percorre o Museo do Prado facendo bosquexos de pintura e escultura nos noventa. Máis tarde no 96 ten a oportunidade de coñecer o Gravado con Afonso Costa Beiro, e co tempo continua facendo evolucións gráficas no CIEC de Betanzos e con artistas contemporáneos no Museo de Belas Artes da Coruña.

Paralelamente ás súas exposicións, imparte talleres creativos de diversos tipos.

 (relato das súas propias palabras)

 Organiza: Biblioteca