Roteiro Ferrol - Neda

 
15/11/2023 09:00
Europe/Madrid

O día 15 de Novembro faremos a ruta do camiño inglés de Ferrol a Neda. Sairemos do centro ás 9:00 e estaremos de volta ás 15:00 h, co bus interurbano. A continuación detallo as opcións para o billete de volta:

Os que sexades menores de 21 anos se tedes a tarxeta Xente Nova o billete é gratuíto, aínda que debedes recargala inicialmente. Para máis información consultade o seguinte enlace:

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Para os maiores de 21 a xunta ten a opción de facer a TMG (tarxeta de mobilidade de Galicia) que ten o billete sinxelo a 0,44 € e que se pode facer a través das oficinas de Abanca tamén, para o cal adxunto enlace:

 

https://tmg.xunta.gal/tarxeta-metropolitana-introducion

En caso de non posuír ningunha das tarxetas anteriores, o billete sinxelo ten un custo de 1,55 €.

A data ata a que poder apuntarse a esta actividade é o 5 de Novembro, enviando un correo electrónico a dinamizacion.ferrolterra@gmail.com

 

AdxuntoTamaño
Roteiro.png7.34 MB
Recomendacións para o camiño.png353.97 KB