Libros de texto

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Recordar que o prazo de entrega é ata o 23 de xuño. Os alumnos de 6º teñen que entregalo no IES onde van realizar os estudos o vindeiro curso.

Pinchando aqui acceden a páxina da Xunta, Teñen a convocatoria do DOG completa e poden descargar o impreso de solicitude de axuda.

Adxuntamos a nota que enviamos desde o centro pinchando aquí.

 

LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Nos arquivos adxuntos sae a relación definitiva de libros de texto que lle corresponden a a cada alumno do fondo solidario do centro:

libros de 4º

libros de 5º

Libros de 3º, temos libros para todos os nenos matriculados, polo que só deben de adquirir o cadernillo de inglés e o de música.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

RECORDAMOS QUE O PRAZO DE ENTREGA DAS SOLICITUDES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR É ATA O 23 DE XUÑO INCLUSIVE.

AXUDAS PARA 5º NIVEL: PARA O VINDEIRO CURSO SAÍMOS DESTE NIVEL DO PROGRAMA E-DIXGAL DE LIBROS DIXITAIS E HABERÁ LIBROS EN PAPEL, POLO TANTO TAMÉN HABERÁ AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN 5º.

Publicadas as axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar no curso 2016/17:

PINCHA AQUI PARA DESCARGAR A ORDE

 SOLICITUDE

  1. A participación no fondo solidario de libros de texto en 3º e 4º, nieves que manterán os libros de texto do curso 2015/16.

  2. As axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º

  3. As axudas para adquirir material escolar en toda Primaria.

 

MATERIAL ESCOLAR

Adxuntamos relación de materiais dos diferentes niveis:

- - - - -

 No material de 4º hai pequnas diferencias dun aula a outra (esta por aulas)

No de 3º hai que mercar unha libreta raiada máis para ingles, 

INICIO DE CURSO - LIBROS DE TEXTO

O curso dará inicio o día 10 de setembro en horario de 11 h. a 13 h.. Haberá servizo de autobuses.

Libros de texto:

Non hai que mercar os seguintes libros:

1º nivel: Lingua castelá, ciencias sociais, activity book (Rooftops)

2º nivel: Lingua castelá, ciencias sociais, activity book (Rooftops)

4º nivel: lingua castelá - só deberán adquirilo aqueles con cheque de 170 €

HAI QUE MERCAR (non estaban no listado)

1º nivel: lecturas 1 "El lobo Lupas (el misterio de la lupa roja)" - Ed. ANAYA castellano  isbn: 8421728408961

2º nivel: lecturas 2 - Ed. Vicens Vives castellano isbn: 978-84-316-9577-4

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Convocadas as axudas paraa adquisición de material escolar no DOG do 1 de setembro. Estas axudas son de 50 € para aqueles solicitantes nos que a renta per cápita sexa igual ou inferior a 5.400 €. O prazo para solicitalas é ata o 1 de outubro.

Toda información sobre a documentación e o impreso (anexo I) pinchando aqui.

O reparto dos cheques  dos libros farase a partir do día 3 de setembro.

LISTADO DEFINITIVO FONDO LIBROS

Publicación do listado definitvo de admitidos  e listado de excluidos do fondo de libros de texto para o curso 2015/16. estes listados son de alumnado que cursou a solicitude para os libros de 3º nivel.

Os libros que temos son os antigos e, en todo caso se entregarán en setembro.

.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

RELACIÓN DELIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/16.   OS LIBROS DE 1º, 2º E 4º ESTÁN ADAPTADOS Á LOMCE. OS LIBROS DE 5º E 6º SON DIXITAIS E TODOS ALUMNOS DESTES NIVEIS ESTÁN ACOLLIDOS AO PROGRAMA.

LIBROS DE 3º: NON RECIBIMOS RESPOSTA ALGUNHA DA XEFATURA TERRITORIAL DA SOLICITUDE DE SUBSTITUILOS POR TEXTOS ADAPTADOS Á NOVA LEXISLACIÓN E QUE SE INCLÚAN NAS AXUDAS COMO O RESTO DE CURSOS. 

PREGAMOS QUE NON SE MERQUEN ATA SETEMBRO, É POSIBLE QUE ALGÚN DELES NON SE UTILICE.

REPARTO DE CHEQUES: OS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBROS DA AXUDA DE LIBROS REPARTIRANSE OS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO.  

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

Saíron publicadas as ordes sobre as axudas para libros de texto do vindeiro curso

Axudas para a adquisición de libros : Orde do 22 de maio de 2015 para 1º, 2º 4º e 6º (este último curso non nos afecta  pois temos os libros dixitais) Funciona como os cursos anteriores, esta vez con datos referidos a 31 de decembro de 2013, tanto de situación familiar como económicos. Son axudas de 170 ou de 90 €. (límite max. per cápita de 9000 €)Para poder solicitar a axuda é preceptivo ter devoltos os libros adquiridos coas axudas deste curso (esto non afecta a os libros de 1º e 2º que son funxibles)O prazo para realizar esta solicitude é ata o 2 de xullo.

Fondo solidario de libros: Orde de 21 de maio de 2015, afecta aos curso de 3º e 5º ,este último non xa que temos os libros dixitais, polo que non é preciso ter devoltos os libros de 2º. Prazo para presentar as solicitudes: ata o 30 de xuño. O 7 de xullo publicarase o listado para realizar a distribución de libros e alumnos,  o período de reclamacións serán os días  8 e 9 e o 15 será a resolucón definitiva.

Dende o centro solicitamos a todas as familias de 3º que deixen todos os libros que teñan aínda que non tive´ran cheque para que o fondo sexa o máis amplo posible.

 

LIBROS DE TEXTO 2014/15

Adxuntamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso. Non hai cambios respecto aos do curso pasado. Aquí mostramos a totalidade de libros, nos vindeiros días matizaremos cales son imprescindibles mercar e os que non se van a utilizar. Mentres non saia publicada a relación de centros que se incluen no proxecto E-DIXGAL, libros dixitais para 5º, para a que presentamos proxecto, non sabemos si utilizaremos estes libros ou non.

Distribuir contido