AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

Saíron publicadas as ordes sobre as axudas para libros de texto do vindeiro curso

Axudas para a adquisición de libros : Orde do 22 de maio de 2015 para 1º, 2º 4º e 6º (este último curso non nos afecta  pois temos os libros dixitais) Funciona como os cursos anteriores, esta vez con datos referidos a 31 de decembro de 2013, tanto de situación familiar como económicos. Son axudas de 170 ou de 90 €. (límite max. per cápita de 9000 €)Para poder solicitar a axuda é preceptivo ter devoltos os libros adquiridos coas axudas deste curso (esto non afecta a os libros de 1º e 2º que son funxibles)O prazo para realizar esta solicitude é ata o 2 de xullo.

Fondo solidario de libros: Orde de 21 de maio de 2015, afecta aos curso de 3º e 5º ,este último non xa que temos os libros dixitais, polo que non é preciso ter devoltos os libros de 2º. Prazo para presentar as solicitudes: ata o 30 de xuño. O 7 de xullo publicarase o listado para realizar a distribución de libros e alumnos,  o período de reclamacións serán os días  8 e 9 e o 15 será a resolucón definitiva.

Dende o centro solicitamos a todas as familias de 3º que deixen todos os libros que teñan aínda que non tive´ran cheque para que o fondo sexa o máis amplo posible.

 

AdxuntoTamaño
solicitude fondo solidario.pdf1.14 MB
solicitude axudas libros de texto.pdf1.15 MB
CIRCULAR PROGRAMA DE FONDO SOLIDARIO CURSO 2015.pdf285.22 KB
CIRCULAR PROGRAMA DE AXUDA AOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2015.pdf358.68 KB