O NOSO COLE

R/Bandaseca s/n;            15940-A Pobra do Caramiñal (A Coruña)         tfno: 881866847-          e-mail: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal

CANCIÓNS EN GALEGO

Os nenos e nenas do Salustiano cantando en galego

O GALO CANTA 1º-2º

HIMNO GALEGO 3º - 4º

CAROLINA 5º - 6º

MATRÍCULA CURSO 2021/22

Durante todo o mes de xuño poden matricular ao alumnado para o vindeiro curso. O prazo remata o día 30, pero queremos recordarlles que si queren solicitar as axudas de libros e material escolar, estas finalizan o 22 de xuño, polo que recomendamos que realicen ambos trámites con anterioridade a esta última data.

 Documentación para matrícula: (a instancia e autorización poden descargalas picando nelas)

 Instancia de matrícula curso 2021/22.

 Autorización uso de imaxe.

 Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.

 Fotocopia  de todas follas do libro de familia; da cartilla da Seguridade Social e da cartilla de vacinacións.

 Dúas fotografías tipo carné.

 Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Publicada a Orde para solicitar as axudas de libros de texo e material e acceso ao fondo solidario para o curso 2021/22.

ENQUISA CONVIVENCIA

Estimadas familias, 

Entre o 12 e o 29 de abril estará operativa unha enquisa da  Consellería de Educación,  dirixida a toda a comunidade educativa, para analizar o estado da convivencia como consecuencia do impacto da COVID-19.

Esta enquisa a realiza tanto o profesorado e persoal non docente como as familias e o alumnado de 5º e 6º (estes a realizarán no centro escolar).

Trátase dunha enquisa telemática, consta dunhas 15 preguntas e tárdase en cubrir arredor de 10 minutos.

No caso das familias, deben acceder,  nesta ligazón https://edu.xunta.gal/convfamil e coa clave que lles facilita no impreso que lles enviamos polos nenos. As enquisas son anónimas e cada familia ten un código diferente xerado ao azar.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación das familias.

Un saúdo

A dirección 

ADMISIÓN. RESERVA 1º NIVEL

Rematado o prazo de reserva de praza para 1º de educación primaria no curso 2021/22, resultaron admitidos todos os solicitantes. As listaxes publícanse nos taboleiros de anuncios do centro (dentro do edificio principal) e nos centros de orixe.

O único tramite que terán que realizar é a matriculación en xuño. Informaremos aos centros de orixe cando se abra o prazo.

DIA DA PAZ

No CEP Salustiano Rey Eiras celebramos o Día da Paz cantando a canción de Bruno Mars "Count on me". Como en anos anteriores, esta actuación foi artellada polo equipo de profesoras de Seccións Bilingües, mais as medidas de seguridade que se contemplan na situación COVID impiden que se faga unha actuación de gran grupo. Pero este virus non nos vai parar e decidimos realizar este video coa actuación de todas as aulas do centro, por separado, para manter os grupos burbulla. Seguimos traballando con moita ilusión e agarimo. Esperamos que vos guste!
 

 

 
 
 
 

PLAN DE ENSINO VIRTUAL

Seguindo as instruccións da Secretaría Xeral, elaboramos un plan de ensino virtual como recurso en caso de corentena ou confinamento total.

Nestes casos pasariamos a desenvolver o ensino a distancia, desenvolto polo profesorado do centro que realizará o seguimento do alumnado. Deste xeito ainda que estemos confinados  continuaremos con rutinas similares ao ensino presencial, garantindo a interacción entre alumnado e profesorado, a realización de tarefas e a avaliación do progreso.

Esto se traduce no desenvolvemento dun horario espello, similar ao presencial pero empregando a aula virtual do centro e os sistemas de videoconferencia. Esto conleva tamen a activación de mecanismos de avaliación e control da asistencia do alumnado. A conexión do profesorado e o alumnado respectará os horarios establecidos habitualmente no horario presencial, pero cunha duración duns 30 minutos por sesión, emprezaría a sesión 15 mintuos más tarde que a sesión presencial (a resolución establece que a comunicación sedrá dun 60% e o 40% restante de realización de tarefas. 

 

 
What do you want to do ?

New mail

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22: RESERVA CENTROS ADSCRITOS

O día 11 de xaneiro inicianse a fase de reserva de praza en centros de adscrición.
Só afecta ao alumnado que cambia de etapa, os matriculados de 1º a 5º non teñen que facer nada. No noso caso afecta ao alumnado de 6º que vai ao IES da Pobra e ao alumnado de infantil dos centros Fernández Varela, Vilariño, A Granxa e Monte Carmelo. 
Deben presentar as solicitudes de reserva no centro onde están matriculados este curso. Prazo de solicitudes: do 11de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.As listaxes de admitidos publicaranse no centro onde están matriculados este curso antes do día 28 de febreiro.
Todo o proceso tamén estará dispoñible  na aplicación admisionalumnado.
Normativa: Orde do 18/12/2020, Orde do 25/01/2017, Orde do 12/03/2013, Decreto 254/2012, do 13 de decembro.
Entregamos ao alumnado os modelos a presentar: anexo I e anexo I bis.

VIDEOS DE NADAL

Deixamos aqui os videos de Nadal, para alegrar un pouco estas festas.

Video de 1º e 2º

Video de 3º e 4º

Video de 5º e 6º

 

Distribuir contido