Skip to Content

50 aniversario

Hoxe tivemos a visita do antigo alumnado.

Hoxe é tamén outro día importante dentro do 50 aniversario, tocaba recibir ao antigo alumnado (antigo é un dicir, na mellor idade da vida, na que tes experiencia pero eres moi novo). Se mirades as fotos entenderedes o que quero dicir.

 O alumnado de 6ºD demostrou que sacan todo adiante, as materias curriculares, os proxectos e as obras de teatro. Parabéns... os antigos alumnos e alumnas, profesores e as vosas familias quedaron abraiados!! 

Onte Ana Caride, traballadora do centro, sorprendeunos a todo o profesorado cunha tarta e unhas pastas para a celebración do 50 aniversario. Tarta preciosa, e riquísima!!

  

CLICA SOBRE A IMAXE PARA FACELA MÁIS GRANDE.

 

50 aniversario e despedida de 6º.

Cheou o día... o alumnado de 6º fai a festiña de despedida do colexio. Este ano ao ser o da celebración do 50 aniversario houbo algunha sorpresa especial. Inauguración da exposición ás 16:30h. cun alumnado voluntario que toca unhas pezas musicais para acompañar a visita do interior. Graciñas.

E ás 17:00h. Comeza falando o alcalde, logo da presentación do acto pola directora...

Continúa o delegado territorial que incorpora á mestra Isabel Javier, que estivo presente o primeiro día de vida do colexio.

E logo as alegres actuacións do alumnado dos diferentes grupos e a entrega dos diplomas e bandas por parte do profesorado e inspección.

CLICA para ver a imaxe máis grande, da canción final.

Entrega do galardón de Vigués Distinguido 2018 polo noso alcalde.

Entrega dos galardóns de vigués distinguido aos colexios públicos Fleming e Canicouva. Imaxe dun momento do acto.

Máis información no ATLÁNTICOFARO DE VIGO. LA VOZ DE GALICIA

 

Nomeamento de Vigués Distinguido para o colexio Fleming.

NOTICIAS RELACIONADAS:

PREMIO VIGUESES DISTINGUIDOS. CLICA

 

Aprobación das distincións. CLICA

Reconquista de Vigo. CLICA

Entrevista Atlántico. CLICA

Entrevista Faro de Vigo. CLICA

Ao longo do curso 2017-18 darán lugar os actos de celebración.

O 10 de xaneiro o CEP Dr. Fleming de Vigo cumple 50 anos, unha moi boa idade para reter cantidade de experiencias afectivo-educativas con cantidade de nenos e nenas de Vigo.

Como sabemos que hai moito que contar e escoitar, esperamos ser quen de recoller ao longo do curso escolar 2017-18 unha morea de recordos do antigo alumnado, anécdotas, experiencias, fotos, vídeos, traballos... que pouco a pouco iremos colgando nesta web principal donde iremos enlazando todo o que desexedes amosarnos.

Tamén traballaremos co noso alumnado baixo un proxecto común "O doutor Fleming e a Ciencia" do que sairán unhas liñas de traballo para os diferentes cursos e dinamizacións, nas que poderedes participar as familias, antigos alumnos...

Comunicade aquelo que pensedes poida axudar/sumar a esta experiencia de convivencia e formación.  

TEMOS UN CURSO PARA APRENDER E CELEBRAR.

EN SETEMBRO COMEZAMOS.

 

Teléfono 886 120909

Correo electrónico: cep.fleming@edu.xunta.es

 cep.fleming@edu.xunta.es

Fotos e vídeos da visita das autoridades ao colexio Fleming no 2010.

O día 29 de novembro do 2010 o colexio recibe a visita das autoridades como o alcalde da cidade Abel Caballero, ministro de educación Ángel Gabilondo e o conselleiro de educación da nosa comunidade, Jesús Vázquez
Na imaxe á esquerda está o director do colexio nese momento, Fernando Liz. 

Clica nas imaxes inferiores para ver os vídeos do acontecido:

 

A remodelación do colexio.

CLICA para ler o que recolle o XORNAL.VIGO.ORG

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asina en outubro do 2003 o convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a execución das obras de construcción do centro público de Educación Primaria "Doutor Fleming". Acompañado polo secretario xeral de Educación e Ordenación Universitaria, Néstor Varcárcel, o director do colexio, Fernando Liz, e o concelleiro de Educación, Xulio Calviño. 

Imaxes do fin do edificio antigo.

Sentando as bases da obra nova.

Nas imaxes están presentes a alcaldesa Corina Porro e o conselleiro de educación Celso Currás.

Cando foi inaugurado.

Clica para ler o recollido no XORNAL.VIGO.ORG 

Fotos do colexio Fleming antigo.

Neste 50 aniversario, voltamos a mirada a todo o vivido, e a todo o percorrido xuntos como comunidade educativa, solicitando das administracións unhas instalacións máis axeitadas e seguras, para acadar as melloras que fan que puidésemos seguir crecendo coas condicións axeitadas para impartir a mellor educación posible. Quedan cousas por conseguir, pero os cambios e as melloras son visibles.

O edificio antigo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut