Skip to Content

Folga o 12 de decembro

As sindicatos con representación no ensino (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF) convocan ao persoal docente non universitario a unha folga o día 12 de decembro.

O centro permanecerá aberto cumpríndose cos servicios mínimos, segundo a orde do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos. CLICA.

Os servicios mínimos para o persoal docente dependiente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional é a directora do centro, Guadalupe González Rodríguez.

Nadal no Fleming

Chega o Nadal ao colexio Fleming, cos adornos da árbore e as postais inspiradas na igualdade, proxecto central deste curso escolar.

Seguindo a inspiración da nosa cidade, Vigo, onde vive o Nadal, engadimos un toquiño nas xanelas centrais, entre os copos de neve e as bolas prateadas, son unhas luces que podedes ver acesas pola tarde-noite ata as 00:00h. Queda Mafalda, lembrando que a semana do cómic non rematou de todo... que da un toque de encanto ao conxunto. 

Pescudade e veredes a Olaf tirando polo aire unhas folerpas de neve de cores que simbolizan a nosa diversidade.

Pasade a ver na entrada principal de 9:00 a 9:15h a árbore de adornos de Nadal feito polo alumnado e as familias, inspirados nos diferentes temas da igualdade traballados nos distintos niveis.

 

Hai tamén adornos polos corredores... que podedes ver o martes pola tarde.

 

Graciñas por participar!!

Eliminación da violencia de xénero.

O alumnado traballou cos pilares básicos CRIL para a eliminación da violencia de xénero. CONFIANZA, RESPECTO, IGUALDADE E LIBERDADE.  

O grupo de 6ºA puxo en boca de algún rapaz ou rapaza debuxado por eles mesmos algúns aspectos que consideraban moi importantes.

Belén feito polo alumnado de relixión na planta baixa.

Este Belén pode ser visitado polas familias en horario de 9:00 a 9:15h.

A materia optativa de relixión enfocou esta actividade dende o reciclado, e o resultado quedou moi xeitoso.    

Coidamos o ambiente eliminando o refugallo.

A Colexio retoma o obxectivo de coidar do medio ambiente poñendo un obxectivo a conseguir. Evitar o refugallo das merendas. Clica para acceder ao documento.

Lembrade que o día 31 é o DÍA DO ENSINO e non é lectivo.

LEMBRADE QUE O XOVES 31 de outubro é o DÍA DO ENSINO. O centro estará pechado. 

CLICA PARA VER TODO O CALENDARIO ESCOLAR. 

Aprobada a Programación Xeral Anual.

 CLICA  PARA LER.

 

 

 

 

Esta PXA foi aprobada o día 8 de outubro.   

Aprobación dos días non lectivos.

   Os días aprobados polo Consello Escolar son o 20 de marzo e o 4 de maio. Aparecen en vermello e son considerados non lectivos. Eses dous días no haberá clase.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2019-2020

O prazo remata o 26 de setembro.

Becas e axudas para o alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 19-20.  

MODALIDADES.

  • Ayudas y subsidios para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo derivada de discapacidad o trastorno grave de conducta.
  • Ayudas para programas complementarios a alumnos con necesidad específica de apoyo educativo asociada a altas capacidades.

CLICA PARA ACCEDER

Listados definitivos do fondo libros.

Listado do fondo libros definitivo. CLICA.

Neste listado aparecen os libros que son adxudicados ao alumnado.

 

Listado de excluídos.CLICA.

Calendario escolar 2019-20

 

Os días non lectivos aprobados polo Consello Escolar son o 20 de marzo e o 4 de maio. Reunión celebrada o 8 de outubro.

Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. CLICA.

Mención honorífica en 6º

Alumnado de mención honorífica neste curso escolar 2018-19. Teñen unha media de 9 ou superior na avaliación final de 6º.

Parabéns rapaces e rapazas!! 

Aviso dos prazos de entrega de documentación.

 

Antes do fin de mes de xuño avisaremos da data da publicación do listado provisional e definitivo do fondo libros. Colgaremos estes listados na web e poderedes visualizalos tamén na cristaleira da porta inferior.

Distribuir contido


by Dr. Radut