Skip to Content

Hoxe tivemos a visita do antigo alumnado.

Hoxe é tamén outro día importante dentro do 50 aniversario, tocaba recibir ao antigo alumnado (antigo é un dicir, na mellor idade da vida, na que tes experiencia pero eres moi novo). Se mirades as fotos entenderedes o que quero dicir.

 O alumnado de 6ºD demostrou que sacan todo adiante, as materias curriculares, os proxectos e as obras de teatro. Parabéns... os antigos alumnos e alumnas, profesores e as vosas familias quedaron abraiados!! 

Onte Ana Caride, traballadora do centro, sorprendeunos a todo o profesorado cunha tarta e unhas pastas para a celebración do 50 aniversario. Tarta preciosa, e riquísima!!

  

CLICA SOBRE A IMAXE PARA FACELA MÁIS GRANDE.

 


page | by Dr. Radut