Skip to Content

RETO 1: ENERXÍA. Energy Poster

Por fin rematamos o póster con consellos para aforrar enerxía. 

En primeiro lugar, os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º investigaron que podíamos facer para aforrar enerxía e pensaron slogans para fomentalo. Con todos os consellos e algúns dos slogans elaboramos unha lista que colocamos no mural Erasmus do edificio 1. A continuación, compartimos esa lista cos socios europeos a través dun padlet. 

En segundo lugar, repartimos os consellos entre os colexios para gravar vídeos escenificando cada consello e así transformar o póster en interactivo.. O colexio grego, que estaba confinado, encargouse de elaborar a maioría dos debuxos.

A continuación amosámosvos o resultado (se facedes clic nos debuxos poderedes visualizar os vídeos dos consellos) e tamén o traballo realizado entre todos/as para a consecución do reto. 



blog | by Dr. Radut