Skip to Content

Estamos na radio

4º PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Xa está aquí o 4º programa de animación á lectura en Radio Tui, elaborado polos alumnos e alumnas de 4º curso. Bo traballo!


11:58 minutes (8 MB)

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

As bruxas

Xa podedes escoitar o primeiro programa que gravamos para a Radio Municipal de Tui. Como sabedes é un programa no que participamos invitados polo CEIP Pazos de Reis. O primeiro libro que recomendamos ler titúlase "As bruxas"  de Roahl Dahl.


Na barriga do dragón No segundo programa presentamos o libro titulado "Na barriga do dragón", de Xoán Babarro.
No corazón do bosque 3º Programa: "No corazón do bosque ", de Agustín Fernández Paz.
Patapau 4º Programa: "Patapau", de Helena Villar Janeiro
 Palabras de caramelo  Programa: "Palabras de caramelo", de Gonzalo Moure
 
     
     
     

PROGRAMA DE LECTURA EN RADIO TUI

Este curso, o noso colexio participa nun programa de radio que se emite na Radio Municipal de Tui. Neste programa colaboramos con outros dous colexios: Ceip Pazos de Reis en Tui e Ceip As Covas de Meaño. A nosa intervención consiste na recomendación de libros de lectura para nenos e nenas, que previamente lemos na clase. A emisión dos programas e os m
ércores as 14:45h. O dial é o 107.4 e podedes escoitala tamén por internet. Iremos colgando no blog e mais na páxina web do centro os programas gravados. Esperamos que vos gusten.
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut