Skip to Content

Estamos na radio

2º Programa de Radio Tui 2013-14

O día 23 de xaneiro emitiuse en Radio Tui un programa no que participaron @s alumn@s de 5º de Primaria recomendando a lectura de Ameaza na Antártida de Ramón Caride. Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, Un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear. Ameaza na Antártida é unha magnífica narración, cos ingredientes que caracterizan as mellores novelas e películas de aventuras. 



8:20 minutes (7.63 MB)

1º Programa de Radio Tui Curso 2013-2014

       O día 28 de novembro os nenos e nenas de 2º de Primaria participaron no programa de Radio Tui para recomendar nesta ocasión a lectura do libro Cartas a Rato Pérez de Antonia Rodenas. Parece ser que lles gustou moito, escoitade a continuación o que nos din.                                    

5:09 minutes (4.73 MB)

3º PROGRAMA RADIO TUI 2012-2013

                                                                                                             

    A Clara, que aínda non fixo os oito anos, unha noite do mes de maio espertouna, de súpeto, unha voz descoñecida: Afogo!..., afogo! Que afogo...! Era Pérez, un rato que levaba o enderezo equivocado para recoller un dente de leite, por iso está empeñado en arrincarllo a Clara. Dende aquel  momento, comezarían para ela unha serie de complicadas aventuras.
Non vos parece que pode resultar moi entretida a lectura deste libro recomendado polas nenas e nenos de 4º de Primaria?       

 

 


10:29 minutes (8 MB)

2º PROGRAMA DE RADIO TUI 2012-2013

O xoves día 24 de xaneiro participamos de novo no programa de recomendacións literarias de Radio Tui. Nesta ocasión, tocoulles aos alumn@s de 3º de Primaria que escolleron o libro "Down" da escritora An Alfaya. Que tal se o escoitamos?




5:48 minutes (5.32 MB)

1º PROGRAMA RADIO TUI 2012-2013

Aqui podedes escoitar o primeiro programa deste curso, gravado polos alumnos de 5º de Primaria. Recomendan a lectura do libro "Oposicions a bruxa e outros contos. 

9:04 minutes (8 MB)

4º PROGRAMA RADIO TUI 2011-12

Presentamos o 4º programa de radio deste curso: "A Monstroescola".  Editado e gravado polos alumnos e alumnas de 4º curso de primaria.  Programa emitido o 3 de maio de 2012.

Con esta emisión despedímonos ata o vindeiro curso.


6:11 minutes (5.67 MB)

3º PROGRAMA RADIO TUI 2011-12

Presentamos o 3º programa de radio deste curso: "Perigo Vexetal".  Editado e gravado polos alumnos e alumnas de 6º curso de primaria.  Programa emitido o 22 de marzo  de 2012.

7:37 minutes (6.98 MB)

2º PROGRAMA RADIO TUI 2011-12

            
Presentamos o 2º programa de radio deste curso: "As fábulas de Esopo". Editado e gravado polos alumnos e alumnas de 3º curso de primaria.  Programa emitido o 12 de xaneiro  de 2012. 

 


9:22 minutes (8 MB)

1º PROGRAMA RADIO TUI 2011-12

Presentamos o 1º programa de radio deste curso, editado e gravado polos alumnos e alumnas do 5º curso de primaria. Este ano continuamos a nosa colaboración co CEIP PAZOS DE REIS en Tui, organizador desta marabillosa actividade. Participan tamén os centros: CEIP AS COVAS DE MEAÑO,o CEIP Nº 2 DE TUI e o  CEIP CHANCELAS de Poio.


PROGRAMAS

ANTERIORES

Os programas emitiranse os xoves arredor das 14,45 horas no 107.4 da FM,

na Radio Municipal de Tui


10:01 minutes (8 MB)

Programa de animación á lectura en radio Tui

Presentamos o programa de radio elaborado polos alumnos e alumnas  de 5º de primaria. Carlos, Nadia e Cándido fálannos do libro Palabras de Caramelo. Bo traballo!!


12:52 minutes (8 MB)
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut