Aprender a coñecer | Aprender a facer | Aprender a ser | Aprender a vivir xuntos
AVISO IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO PLAZO ADMISIÓN ALUMNADO
RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html
-
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Novos prazos do procedemento.
-
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
-
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
-
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
-
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
-
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
-
PODE REALIZARSE DE DÚAS MANEIRAS:
-
De forma presencial:
MEDIDAS PARA A ATENCIÓN AS FAMILIAS QUE ELIXEN A PRESENTACIÓN PRESENCIAL:
-
Atenderáse ás familias con cita previa, chamando ao teléfono 982 870 610.
-
Rógase acudir soamente unha persoa adulta que veña, a ser posible con mascarilla e evitando traer nenos con ela.
-
Lembramos que hai que traer o ANEXO II cuberto.(Este anexo está dispoñible na páxina web).
-
As portas do centro estarán abertas. Se hai alguén que está sendo atendido pregamos esperen fóra, mantendo a distancia de seguridade.
-
-
Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"
A través da aplicación informática:
Lémbrase que o alumnado actualmente matriculado no centro ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.
Nota: Está a súa disposición nos arquivos adxuntos toda a documentación necesaria a presentar na secretaría do colexio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde admisión 25-01-17.pdf | 709 KB |
Orde 12 de marzo. Procedemento de admisión..pdf | 1.03 MB |
Anexo II. Solicitude de admisión.pdf | 509.59 KB |
Decreto de admisión.pdf | 593.29 KB |