Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e ayudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

Foi publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar de cara o curso 2018/2019.

Información Xeral

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018.

  • Presentar unha única solicitude para os irmáns que cursen estudos no mesmo centro.
  • Datos da renda do ano 2016 (situacion familiar, discapacidade, etc..a 31 de decembro de 2016).
  • Presentar fotocopia do libro de familia (onde figuren todos os membros computables). Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situacion a 31 de decembro de 2016 poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
    1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
    2. Certificado ou volante de convivencia.
    3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

Situacións particulares:

  • Grao de discapacidade: Achegará o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a sua verificación. O grao de discapacidade igual ao 33% tamén se poderá acreditar coa resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento dunha pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou coa resolución de recoñecemento dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidadde, cando non autorice a consulta telemática.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Incapacitación xudicialcon patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
  • As solicitudes do alumnado de E.E. irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática.

Importante

Non é necesario presentar a declaración da renda a non ser que o solicitante se opoña á comprobación por parte da administración.

Cubrir os datos da solicitude con letra clara e lexible.

Asinar todos os membros da unidade familiar as autorizacións de comprobación de datos.

Entregar a solicitude en dirección (titor ou titora legal do alumno/a).

Resumo das Axudas

Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria)

    • Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
    • Renda per cápita superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.

Fondo solidario (préstamo de libros en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria)

Os libros asignaranse por orde inversa á renda per cápita ata que se esgoten, garantindo:

    • Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 6 libros de texto.
    • Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 4 libros de texto.
    • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros con independencia da renda.

Axudas material escolar (vales de material para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria)

    • Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 50 euros.

Resumo de Prazos

  • Presentacion de solicitudes: ata o 22 de xuño de 2018.
  • Publicación das listas provisionais: 12 de xuño de 2018.
  • Reclamacións: do 13 ao 17 de xullo de 2018.
  • Publicación das listas definitivas da adxudicación de libros de texto no taboleiro de anuncios do colexio: 20 de xullo de 2018.
  • ENTREGA DE VALES DE MATERIAL: do 9 ao 13 de xullo (de 10h a 13h). Poderán retirarse tamén en setembro.


story | by Dr. Radut