ENTROIDO 2020

ENTROIDO

O día 21 de febreiro imos festexar o entroido e prepararemos actividades relacionadas con esta festa. Por iso solicitamos a vosa colaboración como familias. O tema escollido este ano son “SUPERPODERES NA DEFENSA DO PLANETA”.

 O alumnado elixirá un SUPERPODER e poderán vir co disfrace dun superheroe ou dunha superheroína, que loitan pola defensa do planeta, relacionado co superpoder.

 Como exemplos ou ideas, poderían ser: para evitar lumes; antiplástico; rescate de animais, limpadores de ríos, lagoas, mares,..; brigadas antilixo nas rúas, estradas,...; pola reciclaxe;...

 Venres 21:

  • O alumnado virá vestido das súas casas (coma todos os anos, recomendamos que se utilicen preferiblemente materiais reciclados ou roupa da casa, sen necesidade de mercala) con algo relacionado coa temática elixida por eles.

  • Igual que en cursos anteriores, o alumnado de 5º e 6º colaborará elaborando unha sobremesa tradicional do entroido (filloas, rosquillas, flores, orellas… que serán compartidas con todo o alumnado do centro nunha degustación colectiva).

  • Os produtos aptos para o alumnado con intolerancias ou alerxias estarán identificados.

Moitas grazas pola vosa colaboración.