ACTIV COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

ENTROIDO 2021

ENTROIDO

Este curso a temática estará relacionada co proxecto do Horto escolar que temos no centro. Polo tanto viremos caracterizados como labregas e labregos.

* Mércores día 10: O lema para o “meco” deste día seŕa: “para o teu pescozo decorar unha verdura, ou froita da horta, has de colgar”. Polo tanto viremos á escola cun colgante relacionado cunha verdura (pode ser natural, elaborado con cartón...).

* Xoves día 11: O lema para este día será: “para a cabeza poder abrigar, un pucho estilo labrega/o has de levar”.

(Son acumulativos, así que o xoves traeremos o colgante e o pucho)

* Venres día 12: Día no que nos disfrazarmos de labregas e labregos. “Se o horto queres traballar de labrega ou labrego deberaste disfrazar

Se a climatoloxía é favorable, o venres realizaremos un desfile no patio exterior; do contrario realizaremos un desfile

por aulas no pavillón e gravaremos para facer unha montaxe de vídeo que se difundiría nas canles habituais.

ENTROIDO 2020

ENTROIDO

O día 21 de febreiro imos festexar o entroido e prepararemos actividades relacionadas con esta festa. Por iso solicitamos a vosa colaboración como familias. O tema escollido este ano son “SUPERPODERES NA DEFENSA DO PLANETA”.

 O alumnado elixirá un SUPERPODER e poderán vir co disfrace dun superheroe ou dunha superheroína, que loitan pola defensa do planeta, relacionado co superpoder.

 Como exemplos ou ideas, poderían ser: para evitar lumes; antiplástico; rescate de animais, limpadores de ríos, lagoas, mares,..; brigadas antilixo nas rúas, estradas,...; pola reciclaxe;...

 Venres 21:

  • O alumnado virá vestido das súas casas (coma todos os anos, recomendamos que se utilicen preferiblemente materiais reciclados ou roupa da casa, sen necesidade de mercala) con algo relacionado coa temática elixida por eles.

  • Igual que en cursos anteriores, o alumnado de 5º e 6º colaborará elaborando unha sobremesa tradicional do entroido (filloas, rosquillas, flores, orellas… que serán compartidas con todo o alumnado do centro nunha degustación colectiva).

  • Os produtos aptos para o alumnado con intolerancias ou alerxias estarán identificados.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ENTROIDO 2018

DISFRACES DO NOSO ENTROIDO DO 2018

Infantil: 3 anos - 4 anos - 5 anos

Primaria: 1ºA - 1ºB - 2ºA - 2ºB - 3ºA - 3ºB - - 5ºA - 5ºB -

Profes - Viandas (feitas polas nais/pais do alumnado)

ÁRBORE DE NADAL

O ALUMNADO E AS MESTRAS E MESTRES DO CEIP VELEIRO DOCAMPO DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL!

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CEIP VELEIRO DOCAMPO NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Distribuir contido