BENESTAR - CONVIVENCIA

Presentación

Convivencia escolar (preámbulo do Decreto 8/2015):

A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras nun mar­co de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interrelación harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade educativa.

Sen un ambiente de convivencia nos centros educativos baseado no respecto mutuo non é posible dar cumprimento aos fins da educación nin permitir o aproveitamento óptimo dos recursos educativos que a sociedade pon a disposición do alumnado e, por tanto, das familias.

É necesaria a implicación de todos os membros da comunidade educativa: nais e pais, profesorado, persoal de administración e de servizos e alumnado.

Por outra banda, as nenas e os nenos empregan gran parte do seu tempo no centro educativo, que supón, por tanto, un espazo clave para dar forma ao benestar xeral, incluíndo os seus aspectos sociais, físicos e emocionais. A saúde e o benestar contribúen na súa capacidade para aproveitar o ensino de calidade e alcanzar o seu máximo potencial académico.

INFORMACIÓN SOBRE A CONVIVENCIA NO NOSO CENTRO E SOBRE A LEXISLACIÓN QUE A SUSTENTA

Neste apartado da nosa páxina imos informarvos sobre o BENESTAR e sobre a CONVIVENCIA no noso centro.

Estes dous apartados os temos divididos en dúa partes:

Clicando en un dos dous poderedes atopar información referida a este apartado tan importante na vida dun centro.

 

Distribuir contido