FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º e 4º E.P. (xa que 5º e 6º teñen e-dixgal)
- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).
- Material escolar (1º a 6º de E.P.)
INFORMACIÓN XERAL para familias - Curso 2023-2024 presentación do 2/05 ao 21/06, incluídos
Procedemento ED330B, ED330G e ED330H
Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19/05) Enlace ao Diario oficial de Galicia
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.
Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2023-2024
TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO
(as feitas fóra de prazo ten que admitilas a inspección educativa)
SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE
O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.
O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Os prazos máis salientables son os seguintes:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.
3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público (aquí).
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:
5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
CANTIGAS E REGUEIFAS DÍA DE ROSALÍA
Enviado por cospi o Lun, 27/02/2023 - 23:19AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022
O DOG do día 14/10/22 recolle a resolución onde o persoal que foi beneficiario do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
Tamén o será o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.
A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.
As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible e, en todo caso, antes do 10 de abril de 2023
Aquí tedes o enlace ao DOG
Comezo do curso escolar 2022-2023
O DÍA 8 DE SETEMBRO ENTRAREMOS AO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, ÁS 09:15h, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES) ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS. SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMINARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADA.
O curso abranguerá desde o día 8 de setembro de 2022 ata o día 21 de xuño de 2023, ámbolos dous incluídos.
As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:
*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.) e o alumnado de 1º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.
* Alumnado de 2º, 4º e 5º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.
As entradas e saídas efecturanse pola PORTA PRINCIPAL
As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil e de 1º de educación primaria poderán entrar ao centro para deixalos e recollelos.
*Alumnado de 3º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h
As entradas e saídas efectuaranse pola PORTA DE MADRUGADORES.
O alumnado de 6º E.P. accederán ao edificio nº1 pola porta principal do edificio.
O alumnado de 3º de E.P. accederá ao edificio nº1 pola porta traseira do edificio (a que dá ao pavillón de deportes).
* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.
A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.
Debido a que o SARS COV2 segue con nós e que, aínda que non hai máis restricións que a ventilación das aulas, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.
COMEDORES ESCOLARES 2022-2023
AVISO IMPORTANTE!
COMEDORES ESCOLARES CURSO 2022-2023
1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 21-22 que pase polo centro a recoller os impresos do pago do comedor do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).
2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2022-2023 ten que descargarse os impresos de solicitude - Anexo II modelo de autodeclaración- (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
