RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR E PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

Enviado por admin o Ven, 05/11/2021 - 07:19

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e

Formación Profesional, xa comezou o proceso de renovación dalgunhas persoas do

Consello Escolar.

Lembrade que as votacións son o día 23 de novembro.

Importante ver os arquivos adxuntos.

 

Adxuntamos a Convocatoria de eleccións, o Censo de responsables, Relacións de presentación de candidaturas e Elección de representantes de nais.

( categories: )

“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”

Enviado por admin o Xov, 19/01/2023 - 07:32

Prezadas familias:

 

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:

 

“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL

PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”

 

Será o próximo luns 30 de xaneiro de 2023, de 17:30 a 19h.

Correrá a cargo da Asociación AMINO, Asociación Abuso y Maltrato

Infantil NO.

 

 

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

  • Sexualidade na infancia e preadolescencia,
  • Prevencion do abuso sexual,
  • Acompañamento da familia/ institucional.

 

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de ENAPAS, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no cuarto andar.

Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

 

Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA:

anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com

 

Agardamos vervos o luns día 30 de xaneiro. Agradecemos difusión.

Recibide unha aperta,

 

Isabel Landín

Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán

PLANTACIÓN NO MONTE MARUXENTO

Enviado por admin o Lun, 20/12/2021 - 13:17
Distribuir contido