Iniciar sesiónEventos
|
"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"Enviado por admin o Mar, 22/11/2022 - 06:20
Prezadas familias:
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:
"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"
Será o próximo luns 28 de novembro de 2022, de 17:30 a 19h. Correrá a cargo de Aida Lorti, educadora e coach de familia, e Marta López, educadora social e asesora de materiais educativos.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre: - Períodos evolutivos do xogo, - Tipos de Xogo, - Papel dx adultx, - Materiais de xogo.
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de Enapas, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no andar cuarto. Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.
Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA: anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com
Agardamos vervos o luns día 28 de novembro. ( categories: )
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAREnviado por admin o Xov, 10/11/2022 - 15:46
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, dos diferentes secores. ( categories: )
Apertura do proceso de eleccións do Consello EscolarEnviado por admin o Mér, 26/10/2022 - 04:03
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación doCONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo venres, día 28 de outubro, ás 10:30 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
![]() |