NOVAS DO CENTROEventos
Iniciar sesión |
RECOLLIDAS VALES MATERIAL ESCOLAR PRIMARIAEnviado por admin o Lun, 04/09/2023 - 11:39
Actualizamos o horario de secretaria para recoller os vales de material escolar do programa da Consellería Fondo Libros.
- Podedes vir do 12 de setembro ao 22 de setembro no seguinte horario: - LUNS: de 9:00h a 9:30h. - MARTES: de 13:30h a 14:00h. - MÉRCORES: de 11:30h a 12:00h. - XOVES: de 9:00h a 9:30h. - VENRES: de 11:30h a 12:00h. Se non é posible neste horario, podedes chamar ao centro ou enviar correo electrónico para concretar unha cita. ( categories: )
REUNIÓN DE BENVIDAEnviado por admin o Ven, 01/09/2023 - 11:09
Prezadas familias, Benvidos e benvidas a un novo curso escolar. Agardamos que esta viaxe que está a piques de comezar estea cargado de ilusión e novas aventuras xuntos.
Como primeira toma de contacto, informamos que terá lugar unha reunión xeral o mércores día 06-09-2023 ás seguintes horas:
- INFANTIL: 10:00h
- PRIMARIA: 12:00h
Nela coñeceredes ao persoal docente nomeado a día de hoxe e resolveremos dúbidas xerais coas titorías.
Un cordial saúdo,
O Equipo Directivo
Paula Rey Silva, directora
Ana Garín Silva, xefa de estudos
Ana Marina Fernández Alvar, secretaria
![]() |