Vacantes de alumnado ofertadas para o curso 2022-23

Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 09:09

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Enviado por admin o Mér, 23/02/2022 - 03:43

Prezadas familias:

Neste apartado tedes, á vosa disposición, o calendario de solicitude de prazas e de formalización de novas matrículas para o vindeiro curso 2022-2023. Pinchando no seguinte enlace podedes acceder a toda a información.

( categories: )

ORDES MECO, ENTROIDO 2022

Enviado por admin o Sáb, 19/02/2022 - 05:47

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!

O Meco entra en acción!!

Estas son as ordes acumulativas de Don Ramón.

Pon o ollo e a orella que comeza a diversión:

 

LUNS, 21 DE FEBREIRO:

Se o luns no cole queres tolear,

algo na testa debes levar.

 

MARTES, 22 DE FEBREIRO:

Dende a mañá ata o solpor,

un calcetín de cada cor

o martes tes que pór.

 

MÉRCORES, 23 DE FEBREIRO:

O Meco, como bo vigués,

manda este mércores traer...

unha prenda do revés!

 

XOVES, 24 DE FEBREIRO:

Non todo é mandar!

O xoves tócache innovar.

Un disfrace libre podes levar!

 

VENRES, 25 DE FEBREIRO:

O Entroido no Valle toca ao seu fin

cunha festa para xogar e rir.

No desfile poderás danzar

e os nosos disfraces brillarán.

( categories: )
Distribuir contido