Secretaría

RECOLLIDAS VALES MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA

Enviado por admin o Lun, 04/09/2023 - 11:39
 Actualizamos o horario de secretaria para recoller os vales de material escolar do programa da Consellería Fondo Libros.
 
- Podedes vir do 12 de setembro ao 22 de setembro no seguinte horario:
 
- LUNS: de 9:00h a 9:30h.
- MARTES: de 13:30h a 14:00h.
- MÉRCORES: de 11:30h a 12:00h.
- XOVES: de 9:00h a 9:30h.
- VENRES: de 11:30h a 12:00h.
 
Se non é posible neste horario, podedes chamar ao centro ou enviar correo electrónico para concretar unha cita.
( categories: )

LISTAXES DEFINITIVAS AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Enviado por admin o Lun, 24/07/2023 - 05:27

Xa está dispoñible a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de Primaria así como as axudas para material escolar destinadas ao alumnado de Primaria.

  • Os resultados do Fondo Solidario de Libros de Texto podedes consultalos na aplicación FondoLibros ou no tabloreiro interno do centro. Lembrade que en agosto o centro permanecerá pechado por vacacións.

 

  • As listaxes dos vales para material non se publican no taboleiro por Protección de Datos de carácter persoal. Podedes consultalas chamando ou enviando correo ao centro.

 

  • Os VALES poderedes recollelos EN SECRETARÍA en SETEMBRO. Mandarase un Abalar cos días e horarios de secretaría.

 

  • Os LIBROS de fondo solidario (o libro de inglés), no caso de que a persoa nomemada en setembro para inglés decida utilizalos, recolleránse unha vez comece o curso.
( categories: )

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/24

Enviado por admin o Mér, 12/07/2023 - 08:45


Prezadas familias:
 
Xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º de Primaria, as axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Primaria e as axudas para material escolar destinadas ao alumnado de Primaria.
 
-              As familias que presentaron a solicitude electrónica, podedes ver o resultado do fondo solidario de libros de texto na aplicación de Fondo Libros da Consellería.
 
-              As familias que presentaron a solicitude de maneira presencial, podedes ver o resultado do fondo solidario de libros de texto no taboleiro interno do centro.
 
-              As listaxes das axudas de libros e material non se publican no taboleiro por protección de datos persoais. Podedes consultalas chamando ou enviando correo ao centro.
 
-              As reclamacións ás listaxes provisionais se poderán realizar os 2 días seguintes á publicación.
 
-              A publicación das listaxes definitivas será o día 26-07-2023.

( categories: )
Distribuir contido