#OBXECTIVO 5 DE XUÑO, O MUNDO QUE QUEREMOS. RETO ANIMALISTAS DO VALLE INCLÁN.

Enviado por admin o Xov, 28/04/2022 - 06:04

#OBXECTIVO5DEXUÑO. O MUNDO QUE QUEREMOS

RETO ANIMALISTAS DO VALLE-INCLÁN

Os nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán traballamos para construír o mundo que queremos. Cada ano no Club de Convivencia propoñemos un reto.

Entre todos, o primeiro curso, conseguimos enviar  2.000 grúas de origami e dous desexos de corazón a Xapón, ao Parque da Paz de Hiroshima. Para elo a nosa inspiración foi a figura de Sadako Sasaki, unha nena que faleceu a consecuencia da bomba de Hiroshima. Grazas a este proxecto recibimos o recoñecemento da Fundación Atresmedia como mención de honra no Premio Grandes Iniciativas e o 2º premio de Boas Prácticas de Inclusión Educativa da Consellería de Educación.

O curso pasado curso o Club traballamos para que a crise do coronavirus non se volva a repetir polo que nos comprometemos a coidar o noso planeta. Por iso inspirámonos na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África. 

Conseguimos facer un cinto verde no noso cole,  e creamos un viveiro, como fixo Wangari,  onde coidamos máis de 1.000 árbores que logo doamos a Mancomunidade de Montes de Vigo . Tamén colaboramos coa fundación Green Belt Movement en Quenia, grazas ao mercadiño solidario de árbores que montamos no cole.

Este curso queremos axudar aos animais, como David F. Attenborough, recoñecido naturalista británico que leva moitos anos defendendo os dereitos dos animais. Para elo imos a colaborar con diferentes protectoras de animais, facendo unha campaña de recollida de produtos que precisan para desenvolver a súa labor.

Temos de prazo ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para ese día soñamos con ter 1.000 pequenas doazóns. O curso pasado queríamos 1.000 árbores, porque non este curso 1.000 doazóns?

Para iso precisamos a vosa axuda: necesitamos Lixivia, lixivia con deterxente, xabón para o chan, xabón multiusos, xabón de lavadora, suavizante, amoníaco, mantas, estropallos, baetas, fregonas, vasoiras, recolledores, luvas de fregar, bolsas e sacos de lixo, mantas, toallas e xornais.

Tamén precisamos: area para gatos, pensos e comida húmida, pipetas, colares antiparasitarios, todo para cans e gatos.

Axudádesnos a conseguir o noso reto? Facédenos chegar as vosas doazóns ao cole. Estaremos encantados e encantadas de recibilas.

Achegamos aquí uns vídeos sobre, David Attenborough e o conto da Abella Zoom Zoom e o pole arco da vella, unha historia que nos inspira a seguir loitando polo mundo que queremos. Traballaremos como auténticas abellas para facelo.

Somos abellas, polinizando o mundo.

 

( categories: )

ENAPA METODOLOXÍAS ACTIVAS

Enviado por admin o Xov, 28/04/2022 - 06:02

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.

Será o próximo luns 2 de maio de 2022, de 17:30 a 19:30.

Correrá a cargo de Ana Vieito, consultora pedagóxica do Instituto Ilai, experta en pedagoxías activas, intelixencia emocional e mestre de Ioga.

Leva acompañado a familias en diferentes espazos Montessori, ao longo de 10 anos, e introducindo o Ioga nas aulas e fogares como ferramenta pedagóxica. Toda esa traxectoria conclúe coa creación da metodoloxía Ilai, como acompañamento en calquera proceso e etapa da vida.

 

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

·         De que falamos cando nos referimos a Pedagoxía Activa

·         Como responden Montessori, Waldorf e Regio Emilia ás bases da Pedagoxía Activa (PA).

·         ABJ  (aprendizaxe baseada no xogo) dentro da PA.

·         Que é a gamificación?

·         A importancia do acompañamento emocional.

·         A transformación do adulto.

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

 

( categories: )

Admisión do alumnado

Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 04:31

Admisión Alumnado

Están publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-23. Informamos que todas as solicitudes foron admitidas. Lembrade  formalizar  a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

Distribuir contido