AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Enviado por admin o Mér, 04/09/2024 - 12:13

Estimadas familias:

 
Está aberto o prazo de solicitude das AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2024/2025.
 
As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria (Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade especifica de apoio educativo para o curso académico 2024/2025), exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, seguindo estas instrucións:
 
 
A solicitude cuberta presentarase no centro educativo dende o 30 de abril ata o día 13 de setembro de 2024.
 
Para calquera dúbida dirixirse ao Departamento de Orientación.
( categories: )

Descarga de AbalarMóbil

Enviado por admin o Mér, 04/09/2024 - 12:09

Prezadas familias.

Queremos informar de algo importante para a comunicación entre escola-familia: a aplicación de AbalarMóbil da Xunta de Galicia para as familias.

Nesta páxina tedes a información, o manual de usuario, e vídeos para a instalación e rexistro:

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/servicios-digitales/app-de-comunic...

Comunicarémonos xa mediante esta aplicación, polo que é moi importante descargala.

 

"AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este."

 

( categories: )

ASÍ É A NOSA ESCOLA

Enviado por admin o Lun, 01/07/2024 - 07:00

Aquelas persoas interesadas en coñecermos podedes ver na seguinte presentación os puntos fortes do noso Proxecto Educativo.

( categories: )
Distribuir contido