Iniciar sesión |
“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”Enviado por admin o Xov, 19/01/2023 - 07:32
Prezadas familias:
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:
“SEXUALIDADE INFANTO-XUVENIL PREVENCIÓN DO ABUSO E ACOMPAÑAMENTO”
Será o próximo luns 30 de xaneiro de 2023, de 17:30 a 19h. Correrá a cargo da Asociación AMINO, Asociación Abuso y Maltrato Infantil NO.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de ENAPAS, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no cuarto andar. Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.
Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA: anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com
Agardamos vervos o luns día 30 de xaneiro. Agradecemos difusión. Recibide unha aperta,
Isabel Landín Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán
( categories: )
|