Deportes

Xovenes atletas

 

No segundo ciclo estamos a traballar as habilidades motrices básicas mediante o atletismo. Para os que queirades saber máis e curiosear sobre este deporte deixovos estes enlaces e webquest.

Presentación

Educación y atletismo

El atletismo.....web quest



XORNADAS DE JUDO

Durante os días 7 e 8 de abril celebramos no centro unhas Xornadas de Judo dentro do Programa Xogade 2010/2011. Os alumnos e as alumnas do 2º Ciclo disfrutaron desta actividade impartida por técnicos da Federación Galega de Judo.


A continuación mostramos unhas fotos do desenvolvemento das sesións.


            


      


 


 

GRANDES XOGADORES DE BALONCESTO

A continuación  reproducimos tres vídeos de Youtube para disfrutar das habilidades dalgúns dos mellores xogadores de baloncesto da actualidade.
  • Vídeo 1. Pau Gasol.



  • Vídeo 2. Ricky Rubio.


  • Vídeo 3. Kobe Bryant.


VÍDEOS INTERESANTES DE BALONCESTO

Seleccionamos unha serie de vídeos de baloncesto que aportan información interesante dos xestos técnicos propios deste deporte.
  •  Vídeo 1: "Autoadestramento de baloncesto". Diferentes exercicios para realizar un adestramento.


  • Vídeo 2: "Exercicos de bote e de manexo do balón".


  • Vídeo 3: "Baloncesto. Tiro". Consellos para executar correctamente o xesto do lanzamento a canastra.


  • Vídeo 4: "Exercicos para traballar o tiro".


  • Vídeo 5: "O pase". Técnica para realizar correctamente os diferentes tipos de pases en baloncesto.


WEBQUEST DE BALONCESTO

As webquest son ferramentas didácticas que consisten nunha investigación guiada, con recursos de Internet que permite o uso de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo e a autonomía dos/as alumnos/as.Facilitan o desenrolo de competencias da sociedade da información. Parten dunha tarefa motivadora que provoca procesos de pensamento superior.Unha webquest presenta a seguinte estrutura:

  • Introdución
  • Tarefa
  • Proceso
  • Recursos
  • Avaliación
  • Conclusión
  • Autores.
A continuación recollemos catro exemplos de webquest adicadas ao baloncesto e adapatadas para o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria (para abrir as páxinas terás que clicar nos enlaces). Espero que vos gusten e que vos sirvan para mellorar os coñecemento de baloncesto.
 
  1. "Aprendemos baloncesto". Webquest acerca da historia, das regras básicas e dos fundamentos técnicos.
  2. "Que é o baloncesto?". Historia, regulamento, minibasket.
  3. "O baloncesto, un deporte magnífico". Tipos de xogadores. Faltas personais. Medidas do campo.
  4. "O baloncesto". Para elaborar unha sesión de adestramento.

PRESENTACIÓNS SOBRE BALONCESTO.

Recollemos dúas presentacións que tratan diferentes cuestións relacionadas co baloncesto.

  • PRESENTACIÓN 1. As orixes do baloncesto, as regras básicas e os fundamentos técnicos.
  • PRESENTACIÓN 2: Deportes de equipo:O baloncesto. Regras, técnica, táctica.

1. PRESENTACIÓN 1.

 

O Baloncesto
View more presentations from Jesús Bao.
2. PRESENTACIÓN 2.

ACTIVIDADE JCLIC SOBRE BALONCESTO

A continuación recollemos dous paquetes de actividades feitas co programa educativo JCLIC acerca do baloncesto.

1. Actividade  elaborada polo profesor Manuel García Viejo que presenta catro apartados:

  • A historia do baloncesto.
  • O regulamento.
  • A técnica.
  • A táctica.

2. Actividade elaborada polo profesor José Antonio Mera Bustelo sobre Minibasket para o Terceiro Ciclo de Primaria. O proxecto está dividido en dúas partes:

  • Normas.
  • Táctica. 

1.ACTIVIDADE BALONCESTO.

 

2. ACTIVIDADE MINIBASKET.

 

MODALIDADES DE HOCKEY

Existen diferentes modalidades do hockey:

  1. Hockey sobre xeo.
  2. Hockey a patíns.
  3. Hockey herba.
  4. Floorball ou unihockey.

Pero en todas se xoga da mesma forma: dous equipos que teñen que marcar gol na portería contraria. Os xogadores empregan un stick ou pala para controlar a bola ou disco (puck).

Podes ler estas presentacións para coñecer as regras máis importantes das diferentes modalidades do hockey.

 

Hockey
View more presentations from istanef.

Para buscar outra información sobre as diferentes modalidades do hockey podes consultar os seguintes enlaces (clica na palabra en negrita para abrir a páxina do enlace):

  1. Páxina da WIKIPEDIA con información de hockey.
  2. Páxina con información das COMPETICIÓNS de hockey sobre xeo en España.
  3. Páxina da Federación Española  de DEPORTES DE XEO.
  4. Páxina da Federación Española de PATINAXE con información de hockey a patíns e hockey xeo.
  5. Páxina da Real Federación Española de HOCKEY HERBA.
  6. Páxina do CLUB DE HOCKEY LICEO da Coruña.
  7. Outras páxinas de interese: INFOHOCKEY e SOLOHOCKEY.

Espero que con toda esta información coñezas un pouco máis os fundamentos das diferentes modalidades de hockey e que te animes a practicar este deporte nas clases de Educación Física.

ACTIVIDADE JCLIC DE HOCKEY

A continuación podes facer diferentes actividades relacionadas coas modalidades de hockey que aparecen nesta proposta elaborada co programa educativo JCLIC. Espero que aprendas algo máis deste deporte e que sexas capaz de resolver todas as actividades. 

 

HOCKEY SOBRE HERBA

O hockey sobre herba é unha modalidade de hockey que se xoga nun campo de herba batural ou artificial, sen patíns e cun stick que ten unha cara plana e curva.

Os equipos son de 11 xogadores (10 de campo máis un porteiro).

hockey herba

Duración dos partidos de hockey herba: 2 tempos de 35 minutos cada un.

O hockey herba é un deporte olímpico.

Podes consultar os seguintes vídeos relacionados con esta modalidade:

Vídeo1: "Escola Deportiva de Hockey Herba". Poderás ver a nenos/as iniciándose neste deporte e coñecer os fundamentos  básicos do mesmo.

 

 

Vídeo 2: "Partido de hockey herba". Resumo da Final do Campionato Mundial de Hockey Herba Feminino do ano 2010 entre Arxentina e Holanda.

 

Distribuir contido