ACTIVIDADE FINAL DE CURSO.

CEIP TERRA CHÁ PROPOSTA DE ACTIVIDADE FINAL DA BIBLIOTECA E CERRE DO CURSO

Para rematar o curso dun xeito diferente debido ás especiais circunstancias nas que nos atopamos inmersos, proponse a toda a comunidade educativa do CEIP TERRA CHA, unha actividade final de peche da actividade lectiva e da biblioteca. Todos os que queiran participar deben enviar unha mensaxe aos grupos de whatsApp de inglés ou ao teléfono 651010011 poñendo cada un o seu nome e a clave “Eu participo”. A partir de aí xa se dan as instrucións a cada un do que debe realizar para participar; nada complicado, ler unha frase e mandar o video por whats ou facer unha foto e enviala. Pero como hai que organizar as frases temos que saber primeiro os que participades. O prazo para enviar as mensaxes será ata o venres 12 de xuño as doce da noite. Grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo.

 

O claustro.

Actividades Relixión Católica do 8 ao 19 de xuño

 

Bo día, xa queda moi pouquiño para rematar este curso. Aquí vos deixo as recomendacións para estas semanas.

Agradecervos a tod@s o esforzo realizado, especialmente felicitar aos nenos e nenas que tan ben o fixeron. Sodes @s mellores!!!!

Un forte abrazo, Marcos.

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos, adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co traballo no libro de números aconsellando a realización das páxinas 14, 16, 18, 21, 25 e 31, que son as que gardan unha certa relación. Igualmente, aquí tamén se deixa un PDF con fichas deste tema para facer xa nestas dúas últimas semanas do curso. 

3. Por último e para todos os nen@s, tamén se inclúe un documento, que non tedes que imprimir, para coñecer máis vocabulario sobre o verán, así como un enlace para facer xogos con esas palabras e imaxes. O enlace é o seguinte: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/Ver%C3%A1n/veran.html 

Un saúdo para tod@s e unha aperta forte!!

ACTIVIDADES 1º e 2º CURSO

Boas familias, deixo os documentos de repaso de 1º e 2º curso desta semana.

Un saúdo!

Correccións ó traballo de Relixión Católica semana 1 xuño

Boas, aquí vos deixo as correccións desta semana.

Saúdos, Marcos.

FICHA GALEGO: 5 PRIMARIA

Boas

 

Deixo ficha para imprimir de Galego, despois que a peguen na libreta e fagan.

 

Un saúdo.

ACTIVIDADE DE RECICLAXE PARA TODOS OS CURSOS

Bo día familias!!

Con motivo das conmemoracións do Día Mundial do Medio Ambiente (hoxe, 5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos 2020 (8 de xuño), no seguinte documento recóllese unha actividade de reciclaxe que poden levar a cabo todos os alumn@s da escola, e que pode ser interesante converter despois nun hábito na casa. As instrucións e os materiais para o seu desenvolvemento sinálanse máis especificamente no PDF. 

Un aperta forte para tod@s!! 

Fichas de 5º

Ola a todos, deixo as mesmas fihas do tema 8 por se preferides imprimilas en Carlin.

Ánimo, é o último esforzo. 

Lembrade que as vou colgar en edixgal correxidas a partir do venres día 12. 

ACTIVIDADES DE REPASO - 4º DE PRIMARIA

Bos días, familias!

Deixovos, a continuación, o material para imprimir. Levades o traballo das dúas últimas semanas, así xa imprimides todo xunto e non precisades volver outro día.

Como sempre, calquera cousa seguimos en contacto polo noso grupo.

Moito ánimo!!

 

RECURSOS EDUCACIÓN FÍSICA

Boas familias, envió un documento con enlaces a vídeos e páxinas webs onde aparecen exercicios físicos para este mes de Xuño.

Mirade os enlaces e practicade algún xogo ou exercicio dos que aparecen e que vos gusten.

 

Tamén adxunto un conto que nos achegou ó claustro unha familiar do centro, titúlase "Mellor na casa", trata sobre o confinamento, moi recomendable a súa lectura.

Espero que tod@s as familias sigades ben.

Un saúdo!!

 

 

Distribuir contido