ACTIVIDADE FINAL DE CURSO.

CEIP TERRA CHÁ PROPOSTA DE ACTIVIDADE FINAL DA BIBLIOTECA E CERRE DO CURSO

Para rematar o curso dun xeito diferente debido ás especiais circunstancias nas que nos atopamos inmersos, proponse a toda a comunidade educativa do CEIP TERRA CHA, unha actividade final de peche da actividade lectiva e da biblioteca. Todos os que queiran participar deben enviar unha mensaxe aos grupos de whatsApp de inglés ou ao teléfono 651010011 poñendo cada un o seu nome e a clave “Eu participo”. A partir de aí xa se dan as instrucións a cada un do que debe realizar para participar; nada complicado, ler unha frase e mandar o video por whats ou facer unha foto e enviala. Pero como hai que organizar as frases temos que saber primeiro os que participades. O prazo para enviar as mensaxes será ata o venres 12 de xuño as doce da noite. Grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo.

 

O claustro.