Libros de texto

LIBROS DE TEXTO. 2019-2020

Públicase a relación de libros de texto tanto para educación infantil como para primaria, para o vindeiro curso 2019-2020.

clicar en archivo adxunto para ver listado.

 

 

Saúdos.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS. CURSO 2018/2019.

Publícase a listaxe provisional de admitidos/excluídos na solicitude de fondo de libros de texto para o curso 2018/2019. (arquivo adxunto).

As persoas interesadas teñen un prazo de 2 días para reclamacións.

teléfono para reclamacións: 651010011

 

Saúdos.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2018-2019

Publícanse as listaxes de libros de texto para educación infantil e educación primaria.

Ver archivos adxuntos.

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019

 

Normativa: ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

A asignación de libros de textos correspondentes aos cursos 3º 4º 5º 6º de Educación Primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

- Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de textos destina das ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

 - A contía das axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.  será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:  90 euros.

 

c) A contía das axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera curso da Educación Primaria será:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

 

Cada alumno/a, dependendo da renta familiar dispoñible, pode recibir dúas axudas: a) e c) no caso de estar matriculado en 3º 4º 5º 6º de educación primaria, ou ben b) e c) no caso de estar matriculado en 1º ou 2º de educación primaria.

 

SOLICITUDES: FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZOS.

-Presentación no centro: traer cubertos os Anexos I e II e fotocopia do libro de familia e certificación de discapacidade si fora o caso.

-Presentación online en (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros):

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía. 

-PRAZO: ATA O 22 DE XUÑO DE 2018.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2017/2018

Publícase a listaxe definitiva  de fondo de libros para o curso 2017/2018. 

Aínda que hai alumnos/as que inicialmente só tiñan 4 libros, o haber fondo de libros suficiente o programa reparte os libros sobrantes entre o alumnado que ten só catro libros.

Para Educación Artística e Relixión aínda que aparece que ten dereito a libro, non se entregará xa que para estas materias NON HAI LIBRO DE TEXTO.

O libro activity book para INGLÉS será o libro que terán que mercar, o igual que o ano anterior.

Calquer dúbida chamar o 651010011

LISTAXE PROVISIONAL DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2017/2018

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo de libros para o curso 2017/2018. FACER CLIC NOS ARCHIVOS DE ABAIXO.

Para reclamacións chamar o centro ou o teléfono de emerxencias 651010011

 

Para a semana públicaranse as listaxes definitivas

 

Grazas.

libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba  a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, muller e Emprego, ven de publicar as bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2017/2018 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.

As bases reguladoras (documento adxunto)  e as solicitudes estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego.

Os prazos de presentación de solicitudes será do26 de xullo ao 8 de agostoámbolos dous inclusives.

 
 
Vilalba, a 29 de xuño de 2017

 

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2017/2018

listaxe de libros de texto de Educación Infantil e Primaria para o curso 2017/2018

 

Clicar no archivo correspondente

Listaxe definitiva de admitidos - Libros de texto

Publícase a listaxe definitiva de admitidos e a listaxe de libros complementarios que adquirirá o centro.

Fondo solidario de libros de texto - Modificación de datas

Unha vez rematado o prazo de dous días de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto, comunícase que se produciu unha reclamación, polo tanto, e ata que non se resolva a mesma, queda en suspenso a publicación das listaxes definitivas. En calquera caso, e atendendo ao sinalado no artigo 19, punto segundo, da orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, comunícase que a data límite para publicar as listaxes definitivas será o venres 22 de xullo.

No caso de poder resolver con anterioridade a esa data a reclamación presentada, publicaríanse as listaxes definitivas o antes posible.

Distribuir contido