AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019

 

Normativa: ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

A asignación de libros de textos correspondentes aos cursos 3º 4º 5º 6º de Educación Primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

- Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de textos destina das ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

 - A contía das axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.  será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:  90 euros.

 

c) A contía das axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera curso da Educación Primaria será:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

 

Cada alumno/a, dependendo da renta familiar dispoñible, pode recibir dúas axudas: a) e c) no caso de estar matriculado en 3º 4º 5º 6º de educación primaria, ou ben b) e c) no caso de estar matriculado en 1º ou 2º de educación primaria.

 

SOLICITUDES: FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZOS.

-Presentación no centro: traer cubertos os Anexos I e II e fotocopia do libro de familia e certificación de discapacidade si fora o caso.

-Presentación online en (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros):

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía. 

-PRAZO: ATA O 22 DE XUÑO DE 2018.